Amosando publicacións coa etiqueta EDUCACIÓN EMOCIONAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDUCACIÓN EMOCIONAL. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de xaneiro de 2022

luns, 22 de xuño de 2020

venres, 19 de xuño de 2020

PECHE DO CURSO (5)

E chegamos ao último día deste curso. 
Cérrase a porta do curso 2019/20.


A partir de mañá todo o alumnado estará de vacacións; unhas merecidas vacacións despois destes últimos meses de duro traballo e esforzo.
Agora toca descansar, desfrutar e recuperar forzas e enerxía para afrontar o novo curso.

A escola pecha as súas portas pensando no día 10 de setembro no que se retomarán as actvidades lectivas, volvendo de novo, se as circunstancias continúan sendo favorables, como así esperamos, dun xeito presencial.

Pouco a pouco, convén ir anticipando posibles cambios que se poidan dar:
  • novo profesorado.
  • novos compañeiros e novas compañeiras.
  • uso da máscara e do xel.
  • posibles cambios de espazos e/ou tempos.
  • ...
Para isto é importante estar pendentes das novas e da páxina web do centro para coñecer como será a incorporación, para poder explicala aos nenos e nenas da forma máis clara posible, dando unha imaxe real, o que lles dará seguridade e tranquilidade, que como adultos convén intentar transmitir.

Tranquilidade | LinkedIn


Desde o Departamento de Orientación queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa, o seu esforzo e sobreesforzo, especialmente nestes últimos meses.
  • Comezando polo profesorado, que tivo que cambiar a forma de manter contacto e comunicarse co alumnado e coas familias, así como impartir as súas materias de forma telemática, procurando estar pendente do seu benestar emocional en todo momento; 
  • Continuando coas nais e cos pais, que de súpeto se converteron en docentes, psicólogos, educadores... coas circunstancias persoais, laborais e sociais particulares de cada familia,
  • E rematando, e moi especialmente, cos nenos e cos nenas, que tiveron que pasar varias semanas na casa sen poder saír nin relacionarse directamente coa familia e coas amizades, sacando o mellor de si e adaptándose ás novas circunstancias, demostrando ese gran poder de adaptación que teñen.
Grazas (demademora): Amazon.es: Minhós, Isabel, Carvalho, Bernardo ...


Esperamos que teñades un moi bo verán, descansedes o posible e desfrutedes de todo aquilo que vos guste, para poder encher este marco coas mellores imaxes posibles.

Diseño, hojas de palmeras tropicales de fondo con nota de tarjeta ...


Animámosvos a escribir unha lista de desexos para o próximo curso coa esperanza de que se cumpran. Podedes gardala ou escribilos en papeliños e meter nun bote ou nunha caixa.

Este é o noso .
Bote de los deseos

Cumpriranse? De seguro que si. 

En setembro descubrirémolo e abriranse de novo as portas da escola para recibirvos.

I CAMPAMENTO DE NADAL SEROCIO NO CEIP JUANA DE VEGA (OLEIROS)


Bo verán e desfrutade dun moi merecido descanso!

xoves, 18 de xuño de 2020

PECHE DO CURSO (4) _ DESPEDIDA E AGRADECEMENTO

Despois de reflexionar sobre os sentimentos, as vivencias e as aprendizaxes propias neste curso, no seu penúltimo día  facémosvos unha serie de propostas para que os nenos e nenas poidan ir pechando a súa porta pensando nos demais. 
Pensando, principalmente, nas persoas coas que pasan case todo tempo na escola, nos compañeiros, nas compañeiras, nas mestras e nos mestres, especialmente titoras e titores.

Así, chega o momento de ir despedíndose.
Dependendo do caso será de compañeiros e compañeiras, profesorado, amizades, de infantil nalgúns casos, do colexio noutros... ou ata dentro duns meses na maioría, ao tempo que podemos agradecerlles algo que nos aportasen durante este curso.

GRAZAS….. – ANPA FARO

Como podemos despedirnos?
Cada neno, cada nena, cada persoa escollerá aquela maneira que máis lle guste. 
Estas son algunhas ideas:
  • Escribir un poema.
  • Redactar unha carta de despedida.
  • Facer un debuxo.
  • Elaborar un traballo manual.
  • Escribir unha postal.
  • Gravar unha breve mensaxe de despedida para os compañeiros/as e/ou o profesorado, expresando os seus sentimentos, o que máis lles gustou ou comentando algún momento dos vividos conxuntamente.
  • Escribir unha dedicatoria nunha tarxeta.
  • Enviar un agasallo simbólico, sinalando aquilo que nos gustaría regalar a esa persoa. A imaxinación é libre!
  • Redactar nun papeliño de cor algún momento bonito vivido, algo que nos gustase ou unha mensaxe que poida agradar á outra persoa. 
  • ...
Calquera que sexa a opción será acertada porque se fará de corazón.

51 mejores imágenes de COLE | Trabajo cooperativo, Aprendizaje ...

mércores, 17 de xuño de 2020

PECHE DO CURSO (3) _ APRENDIZAXES

Sentimentos, vivencias... hoxe toca reflexionar sobre as aprendizaxes que adquirimos neste curso, que seguro que foron moitas.

Cando falamos de aprender, case sempre o asociamos con escola e co relacionado co currículo, mais sempre estamos aprendendo, en todas as situacións da vida.

E este curso foi moi diferente xa que os meses de convivencia na casa, especialmente o tempo de confinamento total, de seguro que nos serviu para aprender moitas cousas e pode que máis importantes que as que figuran nos papeis, sen quitarlles o seu valor:

convivir                relacionarnos na distancia                    relaxarnos   

aprender a usar a máscara                  lavar ben as mans       
         
ioga                      pintar                         facer pan          
   
facer biscoito                  paciencia                  reflexionar                    tranquilizarnos

coñecernos mellor               coñecer aos demais mellor                  valorar o importante

usar as TIC                         tocar un instrumento                        ler

Aprendizajes de la vida en cuarentena *que no debemos olvidar*

Como podemos recoller todas esas aprendizaxes?
Ademais das ideas aportadas onte para as vivencias que tamén son válidas para as aprendizaxes, tamén podemos:
  • Facer un cartel interactivo.

  • Gravar unha mensaxe.
  • Facer un álbum de fotografías ou imaxes.
  • Elaborar un minilibro.
  • Realizar un cartel coas TIC.
  • ...
Esta reflexión servirá para darnos conta de que realmente foi un curso moi produtivo.

martes, 16 de xuño de 2020

PECHE DO CURSO (2) _VIVENCIAS

Onte comezamos con ideas para o peche do curso falando de sentimentos e hoxe faremos o mesmo coas vivencias. 

Durante os case dez meses que durou o curso vivimos moitas experiencias, tanto nos meses coa clase presencial coma nestes últimos meses a distancia.
De seguro que as últimas quedarán máis gravadas pola excepcionalidade da situación.

Así pois, hoxe propoñemos lembrar aquelas experiencias máis significativas deste curso tanto na escola como na casa, positivas ou negativas... cada persoa elixe aquelas que desexe.

E que podemos facer?
  • Elaborar unha liña do tempo deste curso.
Easy 3 Ingredient Banana Bread | Recipe | Timeline project, Kids ...Ava's super creative "timeline of her life" we created for her ...Infografía línea del tiempo de colores | Vector Gratis
  • Facer un álbum con imaxes, fotos e/ou debuxos, escribindo ao redor delas frases ou anécdotas.

  • Redactalas en forma de relato, conto...
  • Debuxalas.
  • Preparar un cartel con notas nas que escribamos as vivencias máis relevantes.
Los siete pecados de la memoria - La Mente es Maravillosa
  • Contalo e gravarte nun audio.
  • ...

Sempre que queirades, pode ser un boa opción compartir o resultado cos compañeiros e compañeiras e coas titoras e titores.

Axudará a coñecernos máis e favorecer o sentimento de grupo.

luns, 15 de xuño de 2020

PECHE DO CURSO (1) _SENTIMENTOS

Última semana de curso.


Remata un curso excepcional por moitos motivos, cheo de novas e vellas palabras, positivas e negativas, quizais cun significado diferente moitas delas.

Algunhas delas forman parte deste arco da vella que tantas veces foi debuxado no confinamento, que é visto como símbolo positivo, prognóstico de boa sorte, emblema de cambio, ponte cara ao bo ou inicio dunha nova etapa favorable, e que os tibetanos valoran moito a súa imaxe positiva porque proporciona un estado interior pleno de alegría, forza e entusiasmo.


Partindo do significado do arco da vella, imos intentar durante esta semana aportar algunhas ideas para pechar a porta deste curso de forma que poidamos facelo con ese  entusiamo que nos transmite, e poder abrir pronto a do próximo con forza e enerxía  renovadas.
Niño Abriendo La Puerta De La Casa Vieja Oxidada Fotos, Retratos ...

Durante todo o confinamento levamos falado moito de emocións e sentimentos.
Para facer un bo peche, imos comezar axudando a reflexionar e pensar en como nos sentimos neste momento.

Estas son algunhas propostas que podedes seguir para axudar aos nenos e ás nenas a identificar, nomear e clarificar o que senten e que recolliamos na entrada do 23 de marzo, no comezo da pandemia. 

Neste enlace podedes acceder a algún xogo para axudar aos máis pequenxs.

Podedes recoller os sentimentos e as emocións neste momento nun cartel, nun libro de lapelas ou nun tarro, asociándoas con debuxos, imaxes ou frases que as expliquen.

Escribir unha carta, unha poesía, un relato... nos que transmitamos o que sentimos pode ser tamén unha boa opción.

LAPBOOK (13) – Imagenes EducativasUn tarro para trabajar la educación emocional en la asamblea de clase

venres, 12 de xuño de 2020

EMOCIONARIO MUSICAL

Rematamos a semana falando de emocións e música.


En moitas ocasións témolas relacionado, ao igual que María, a mestra de música, no seu blog.


Rescatamos unha idea de Elena, unha mestra de primaria e especialista en Educación Musical, que partir do libro Emocionario elaborou un proxecto no que ía relacionando cada emoción cunha melodía, para crear un emocionario musical.

No seu blog tedes acceso ao todo o proxecto e aos pasos que seguiu para levalo co seu grupo de clase, pero que é facilmente aplicable para facer tamén desde a casa.



Como exemplo deixámosvos a ilustración e a melodía que ela seleccionou para a...





Que melodía asocias ti coa felicidade?

Animámosvos a buscar unha para cada unha das emocións recollidas no libro e crear o voso propio emocionario musical.

Boa fin de semana!

xoves, 11 de xuño de 2020

PECHAR O CURSO NA PANDEMIA

Compartimos a presentación elaborada pola orientadora Mª José Pérez Albo con reflexións e ideas para o peche do curso nesta situación excepcional provocada pola pandemia.

RISOTERAPIA

Que é a risoterapia?
A risoterapia é unha técnica psicoterapéutica que busca xerar beneficios mentais e emcionai a través da risa. 
Normalmente realízase en actividades en grupo co obxectivos que as persoas participanes saian das sesións sentíndose máis positivas, optimitas e satisfeitas coas súas vidas.

Aínda que non é considerada unha terapia, pois non cura enfermindade, ten beneficios psicolóxicos e incluso físicos probados,


E que beneficios pode ter a risa en educación?
  • Fomentar a creatividade.
  • Eliminar o medo ao que dirán, todxs nos rimos de todxs.
  • Fomentar as relacións entre iguais e co profesorado.
  • Rirnos dos propios erros, aprender deles.
  • Liberar endorfinas para ter unha actitude positiva.

Premede na imaxe para acceder a...


Actividades de risoterapia para nenxs
Download School Children Images Png - Full Size PNG Image - PNGkit


Dinámicas baseadas na risa para a aula
Chistes de profesores para niños


Información e máis recursos sobre risoterapia
Risoterapia en casa y con los niños


BO DÍA!
FELIZ DÍA MUNDIAL DE LA SONRISA! | ClaseaTe

xoves, 4 de xuño de 2020

PÍLULAS EMOCIONAIS

Na entrada de hoxe recollemos un material elaborado por Cintia Rodríguez, orientadora da C. Valenciana, destinado para coidar a saúde emocional do alumnado na fase de semi confinamento actual.
Son unhas infografías denominadas "cintoritas" deseñadas pensando no alumnado de Educación Primaria, pero que son útiles para alumnado maior e incluso adultos, en formato de... pílulas.

Aproveitamos para compartir unha sesión do psicólogo clínico Rafael Guerrero onde dá claves para a xestión das emocións e entender o proceso que se produce nela.

mércores, 3 de xuño de 2020

DESCONFINAMENTO SEGURO

A pesar das ganas que tiñamos e temos de rematar definitivamente o confinamento, hai algúns nenos, nenas, adolescentes e adultos que poden ter algunha dificultade para afrontar a nova realidade.


Compartimos estes dous documentos elaborados polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid que recollen:
  • Recomendacións para a saída do confinamentos en nenos, nenas e adolescentes.
  • Unha guía para un afrontamento psicolóxico eficaz do proceso de desconfinamento. E agora que?
Esperamos que vos sexan de utilidade para ter un desconfinamento seguro.

Premede nas imaxes para acceder aos documentos.



martes, 2 de xuño de 2020

CONTROLANDO A ANSIEDADE

Ao longo destes meses temos falado moito das emocións e de como podemos xestionalas.
Aínda que xa estamos na desescalada, convén que sigamos controlando a ansiedade que se poida producir tanto en nós como nos nenos e nenas.

Como saber se un neno/a está tendo ansiedade?
Podemos percibilo se:
  • Ten un exceso de estrés ou tensión física que se pode manifestar con dores de cabeza, enfados frecuentes, cansanzo, desgana, problemas para conciliar o sono, dificultades para concentrarse ...
  • Os medos normais no desenvolvemento (a estraños, á escuridade, a quedar só ...) comezan a imposibilitar ou condicionar a vida diaria.
  • Aparece a ansiedade por separación despois dos 2-3 anos (angustia cando se ten que separar da figura de apego)
  • Aparece un trastorno de ansiedade (os síntomas duran máis de 6 meses)
Ansiedad infantil, los niños también puede experimentar ansiedad ...

Cales poden ser as causas da ansiedade infantil?
  • Atravesar cambios importantes no desenvolvemento ou no tipo de vida.
  • Pasar moito tempo diante das pantallas.
  • Mala alimentación.
  • Falta de hábitos e rutinas.
  • Ausencia de límites claros e sanos.
  • Ausencias repentinas das figuras de apego sen explicación previa.
  • Exceso de estimulación e actividades durante o día.
  • Problemas escolares.
  • Falta de confianza en si mesmo.
  • Carencia de apoios.
  • Paso por situacións traumáticas ou graves.
Como podemos axudar?

Nunha entrada anterior, atopamos varios recursos que nos poden axudar a encontrar o acougo.


PERINOLA - TIENDA DE APRENDIZAJE - MINDUFULNESS PARA NIÑOS ...

luns, 1 de xuño de 2020

UN ÚLTIMO ESFORZO

Comezamos o mes de xuño e as tres últimas semanas deste curso tan excepcional.
É posible que o paso do tempo e os días de sol e calor fagan que nos sintamos con menos forza para continuar con ánimos.

Por iso, é importante recuperar as forzas e facer un último esforzo para manter o ritmo o mellor que se poida, dependendo das circunstancias persoais.

É posible que teñamos que facer unha revisión das rutinas fixadas en función dos cambios que se puideran dar no ámbito familiar: incorporación ao traballo, tempos de saída, motivación e interese ...
Así, pode ser recomendable revisalas para adaptalas á nova situación se é o caso.

Pode ser preciso tamén cambiar o momento de traballo, en función de cando podemos prestarlles aos nenos e nenas axuda. Na medida do posible, convén potenciar o traballo autónomo, o que repercutirá tamén nun mellor autoconcepto.

Podemos facer previamente unha autoavaliación do tempo en corentena a partir da Diana do Arco da vella que propón Cintia Rodríguez.



Nunha entrada anterior dedicada ao esforzo podedes atopar pautas para favorecelo.

Seguro, que todo vai ir ben!!




Para axudarnos, Eva Solaz completa a 10ª semana do programa RETO (respecto, empatía e tolerancia) para este tempo de confinamento propoñendo para cada día un conto e unha sesión de relaxación.

Boa semana!

mércores, 27 de maio de 2020

XOVES 28_EMPATÍA

Nalgún momento do confinamento, persoal sanitario, policías e traballadorxs de supermercados pediron menos aplausos e máis empatía, ante algunha conduta puntual de rexeitamento ante ese persoal ao que a maioría agradeciamos a súa labor.

A empatía é a capacidade que nos permite observar o que outra persoa sente; poñernos nos seus zapatos. 

Implica ser receptivo ante as emocións das persoas que nos rodean e ter a capacidade de identificalas a través dos xestos e palabras; implica comprender o que outra persoa sente e apreciar a situación sen xulgar ao implicado/a. E vai máis alá, xa que conleva a propia sensibilidade en relación con esas emocións.


Imaxe da empatía do libro Amar da editorial Palabras Aladas ao tedes acceso nesta ligazón.


Neste enlace tedes propostas de actividades sobre a lámina e aquí as solucións.

Pero, por que queremos nenos e nenas empáticxs?
Se os nenos e as nenas son empáticxs, convertiranse en adultos empáticos, que é o que necesitamos, persoas que se poidan poñer no lugar doutra, sentir o que senten e querer axudar.
A nivel escolar, a empatía favorece a convivencia e é básica na prevención do acoso escolar.

Como podemos fomentar a empatía?

  • Dando exemplo.
  • Escoitando; dando importancia ao que contan.
  • Prestando atención aos seus sentimentos sen xulgalos.
  • Aceptando que cada persoa ten as súas propias emociòns e sentimentos.
  • Expresando os propios sentimentos.
  • Atendendo as súas emocións.
  • Falando e comentando situacións que vemos, lemos, escoitamos... aproventándoas para fomentar a empatía.


No seguinte libro recóllense ideas e propostas para traballar a empatía na corentena, xa relaxada, e en calquera momento.

Neste enlace podedes descargar a guía.

Coma sempre, os contos sempre son un moi bo recurso para reflexionar e, neste caso, sobre a empatía.




Para os/as maiores podedes descargar  o libro "La lección de August" en pdf.

No seguinte vídeo dannos uns recursos para favorecer o desenvolvemento da empatía.




Continuemos potenciando a empatía sempre, tamén na desescalada.
#sentidiño

luns, 18 de maio de 2020

LUNS 18_ACOUGO

O dicionario define acougo como o estado de quen está tranquilo física e moralmente.
Son sinónimos alivio, calma, paz, quietude, descanso, sosego, tranquilidade, serenidade  incluso descanso e respouso.

Nesta situación tan complexa que nos toca vivir pode ser difícil en ocasións atopar esa tranquilidade.
Pero, por que aparentemente nas mesmas circunstancias, unhas persoas son máis felices que outras?

Realmente as circunstancias e o mundo en xeral, con matices dependendo da situación persoal e en situacións normais, é o mesmo para todxs, o que nos diferenza é a ACTITUDE coa que afrontamos as cousas e o tipo de PENSAMENTOS nos que nos enfocamos.

Unha persoa optimista esta predisposta a buscar as cousas positivas que lle rodean, esfórzase en buscalas e valoralas. De aí o poder da mente, xa que só vai atopar o que busca. Se buscamos cousas marróns, só atoparemos marróns.


Que podemos facer para enfocar a nosa mente no positivo?
  1. Evitar xeralizar. Non todo é branco ou negro, hai moitos matices e moitas cores.
  2. Valorar o bo e agradecelo. Xa comentamos nalgunha outra ocasión, escribir ou pensar en cousas boas que nos pasan ou polas que teñamos que estar agradecidos pode axudar a descubrilas.
  3. Contrastar a información, non facer caso a suposicións.
  4. Buscar o punto de equilibrio; os extremos non son bos (exaxeración vs minimización).
  5. Evitar poñerse no papel de vítima. Convén ser proactivo e asumir a responsabilidade.
  6. Poñer límite á nosa responsabilidade; non se pode controlar todo, polo que debemos evitar caer nun exceso de responsabilidade polo enorme sentimento de culpa que pode producir.
  7. Centrarse na información contrastable e verídica; non facer caso ás predicións.
  8. Procurar non pensar que todo é perfecto é ideal. As ondas hai que aprender a surfealas.
  9. Evitar etiquetar aos demais, descalifican  e non son construtivas.
  10. Enfocarse no presente para minimizar as preocupacións. Adiantarse a acontecementos,  que normalmente non chegan a suceder, pensando no peor dos casos aumenta a preocupación e a ansiedade. 
  11. Rodearse de xente positiva, axudaranos a ter unha actitude mental positiva.
Esta última idea é importante para nós como pais e nais, xa que se transmitimos acougo e positividade, os nosos fillos e fillas estarán máis tranquilos e aprenderán a viaxar pola vida con positividade.

Actitud positiva | Pensamientos positivos, Pensamientos, Mafalda
Como podemos axudar a que se relaxen?
Que podemos facer?
  1. Usar a mente (mindfulness).
  2. Rir.
  3. Respirar profundo.
  4. Estirarse.
  5. Escoitar música que os/as atrape.
  6. Colorear, debuxar.
  7. E sempre falar.
Recollemos varios recompilatorios de recursos para traballar a parte emocional. Algúns deles xa os fomos propoñendo en entradas anteriores.
Premede nas imaxes para acceder ás páxinas.

BENESTAR EMOCIONAL
Documento elaborado polo Equipo de Orientación Específico da Coruña con pautas e recursos para favorecer o benestar emocional.


EMOCREA EN CASA. 
Adaptación dalgunhas actividades do libro "EducaEMOción" (Santillana 2018) para ser desenvoltas no contexto familiar.

Recompilatorio de recursos elaborado polo CFR da Coruña para o acompañamento emocional para o profesorado e as familias.



Padlet con recursos para acadar a serenidade.
Vía Con rumbo

Made with Padlet


Sesións de relaxación do programa RETO (Respecto, Empatía e Tolerancia)
Cada sesión vén acompañada dun conto.



Recompilatorio de recursos e técnicas de relaxación.
Vía monicadiz.orienta.






Recursos:
masymejor.com
bbc.com

xoves, 7 de maio de 2020

XOVES 7_ CONZENTRACIÓN

Levamos moito falado neste tempo de confinamento das emocións e da importancia de traballar a educación emocional para facilitar o benestar psíquico e físico.

Nesta entrada recollemos uns estupendos cadernos interactivos elaborados polo Equipo Técnico de Orientación de Granada, onde se propoñen unha serie de actividades para facer en familia para axudar a xestionar o tempo de forma productiva.

Neles hai propostas clasificadas por cursos de:
- Lectura compartida de contos e libros, algúns deles recomendados noutras entradas.
- Actividades lúdicas para traballar a atención.
- Cociña.
- Visionado de curtas de animación.
- Manualidades.
- Experimentos.
- Xogos.
- Relaxación.
- Movemento, baile e ritmo.
- Pintura.
- E apps recomendables.

Todas elas facilitan a mellora da nosa CONZENTRACIÓN.

Anímate e ... conZÉNtrate!

PARA EDUCACIÓN INFANTIL
Descarga aquí.




PARA 1º E 2º DE E PRIMARIA
Descarga o documento aquí



PARA 3º E 4º  DE E PRIMARIA
Descarga o documento aquí


PARA 5º E 6º DE E PRIMARIA
Descarga o documento aquí