Despois de reflexionar sobre os sentimentos, as vivencias e as aprendizaxes propias neste curso, no seu penúltimo día facémosvos unha serie de propostas para que os nenos e nenas poidan ir pechando a súa porta pensando nos demais.
Pensando, principalmente, nas persoas coas que pasan case todo tempo na escola, nos compañeiros, nas compañeiras, nas mestras e nos mestres, especialmente titoras e titores.
Así, chega o momento de ir despedíndose.
Dependendo do caso será de compañeiros e compañeiras, profesorado, amizades, de infantil nalgúns casos, do colexio noutros... ou ata dentro duns meses na maioría, ao tempo que podemos agradecerlles algo que nos aportasen durante este curso.
Como podemos despedirnos?
Cada neno, cada nena, cada persoa escollerá aquela maneira que máis lle guste.
Estas son algunhas ideas:
- Escribir un poema.
- Redactar unha carta de despedida.
- Facer un debuxo.
- Elaborar un traballo manual.
- Escribir unha postal.
- Gravar unha breve mensaxe de despedida para os compañeiros/as e/ou o profesorado, expresando os seus sentimentos, o que máis lles gustou ou comentando algún momento dos vividos conxuntamente.
- Escribir unha dedicatoria nunha tarxeta.
- Enviar un agasallo simbólico, sinalando aquilo que nos gustaría regalar a esa persoa. A imaxinación é libre!
- Redactar nun papeliño de cor algún momento bonito vivido, algo que nos gustase ou unha mensaxe que poida agradar á outra persoa.
- ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario