Amosando publicacións coa etiqueta orgullodenósorgullodemin. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta orgullodenósorgullodemin. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de xuño de 2022

ORGULLO DOS MEUS SENTIMENTOS

 28 XUÑO - DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTB



Dentro do PDI Orgullo de Nós, Orgullo de min, o mes de xuño está dedicado ao ...

ORGULLO DOS MEUS SENTIMENTOS.

Estas son algunhas guías con actividades, contos, material audiovisual e outros recursos para traballar co alumnado:

  • “Arcoiris”: contén propostas para Escolas infantís, 2º Ciclo EI, EP e ESO.
  • PROXECTO DIVERSIDADE SEXUAL E NOVAS FAMILIAS (ALDARTE)

  •  “Pluraleando” – contén actividades para o 2º e 3º Ciclos.

luns, 16 de maio de 2022

ORGULLO DA MIÑA FAMILIA

 15 DE MAIO _ DÍA DA FAMILIA


Coincidindo que o 15 de maio se celebra o Día da familia, o noso PDI : Orgullo de min, orgullo de nós, dedica este mes ao ORGULLO DA MIÑA FAMILIA.

Deixamos uns recursos para poder reflexionar co alumnado sobre a importancia da familia e do respecto a toda a diversidade de familias que existen.

-       Guías:

a)    Familias de colores (contén unidades didácticas con actividades)

Enlace a recursos da guía. Contén un modelo de casa na que debuxar as familias do grupo clase.

b)    Herramientas para docentes EI - EP (páxinas 28 – 34 _ Mi familia)

c)    Son familias. Guía con actividades para cada nivel de EI e EP.

d)    Guía didáctica Somos amor. Historias de familias diversas. Contén actividades para cada etapa.

-       Videocontos:

a)    “Unha chea de familias”

b)    “Mi familia es especial”

c)    “Un puñado de botones”

d)    “El libro de la familia”

e)    “La mejor familia del mundo” (acollida – adopción)

f)     “Ana y los patos” (familia 2 nais)

g)    “Cho Li y el tesoro más valioso del mundo” (familia 2 pais)

h)    “Paula tiene dos mamás”

-       Cancións:

a)           “La familia perfecta”

b)           “Todas las familias son diferentes”

c)           Familia _ Funambulista

-       Vídeos:

a)    Tipos de familias

b)    Tipos de familias para nenxs




xoves, 20 de xaneiro de 2022

ORGULLO DA COR DA NOSA PEL

Dentro do PDI: "Orgullo de nós, orgullo de min", este mes de xaneiro está dedicado ao

                                         "ORGULLO DA COR DA NOSA PEL"

Partimos da lectura do conto "A cor da nosa pel" e doutros moitos como elemento motivador.


Baseámonos no Proxecto Humanae (vídeo explicativo). da fotógrafa Angelica Dass: 


Se che interesa podes acceder neste enlace ao vídeo completo desa charla; a unha  Charla TED da fotógrafa en inglés (pode subtitularse en galego, español, inglés ...), outro vídeo explicativo 1 foto 1 minuto e á páxina web do proxecto.

Así, experimentamos coas cores buscando a cor da nosa pel e crearon moitas diferentes, para despois poder facer o noso retrato.



 

 Investigamos e xogamos


E para celebrar que a pel non pode ser unha fronteira, conmemoraremos o Día da Paz cantando a canción "Terra" de Tanxugueiras, percutindo co noso corpo e cantando con lingua de signos, seguindo o vídeo que prepararon as mestras de Música e de Audición e Linguaxe.

Anímate!! Non hai fronteiras!!

martes, 18 de xaneiro de 2022

ORGULLO DAS NOSAS CAPACIDADES

No noso PDI: "Orgullo de nós, orgullo de min",o mes de decembro estivo dedicado ao

ORGULLO DAS NOSAS CAPACIDADES

coincidindo co 3 de decembo: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON (DIS)CAPACIDADE

En E. Infantil e nos primeiros cursos de E. Primaria traballamos a partir do conto "Supenenxs" 


e doutros moitos que nos axudaron a descubrir as nosas capacidades e as dos demais.


Na aula virtual do DO podes acceder a vídeos de contos sobre a temática.

Durante o mes de decembro e ao longo do curso, estamos tendo actividades de sensibilización con distintas asociacións como ASPERGA, DOWN CORUÑA, ONCE, ANHIDA... que nos axudan a entendernos, a comprender e axudar a os demais.

Estas son algunhas imaxes da sensibilización realizada por profesionais da ONCE e de DOWN CORUÑA en EI.

luns, 17 de xaneiro de 2022

ORGULLO DELAS

Este curso o Proxecto Documental Integrado (PDI) do centro titúlase:

"Orgullo de nós, orgullo de min"

Esta é a programación das actividades previstas  para cada mes.

Image from Gyazo


E comezamos no mes de novembro, con ORGULLO DELAS, realizando un mural con imaxes de mulleres importantes para os nosos alumnos e as nosas alumnas, facendo carteis por aulas sobre distintas mulleres relevantes nalgún ámbito.

Este é o resultado.



O 25N cantamos en LSE a canción "Recoñecéndome" de Guadi Galego.