luns, 17 de xuño de 2019

REUNIÓN ACOLLIDA 4º E INFANTIL

Nesta entrada recollemos a presentación utilizada na reunión de acollida ás familias e ao alumnado que se incorpora o próximo curso en 4º de Educación Infantil, así como o folleto entregado con pautas para favorecer a súa entrada no colexio.

Dámosvos de novo á benvida!! 



Folleto acollida para blog de orientacionjuanadevega


Desde este enlace podedes acceder a toda a información relacionada coa acollida de cursos anteriores.

DE INFANTIL A PRIMARIA

Recollemos nesta entrada a presentación utilizada na charla ás familias do alumnado de 6º de E. Infantil con información e pautas de cara ao paso a Eduación Primaria.

sábado, 1 de xuño de 2019

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO 6º EI

O próximo luns 17 ás 17:00 
imos ter unha reunión informativa 
coas familias do alumnado de 6º de EI 
para explicar aspectos relacionados co cambio de etapa 
e resolver todas as dúbidas que poida haber.


REUNIÓN ACOLLIDA FAMILIA ALUMNADO 3 ANOS

O próximo luns 17 ás 15:30 
imos ter unha reunión de acollida 
para todas as familias do alumnado que se incorporará o próximo curso en 4º de EI,
para tratar aspectos relacionados coa entrada no centro e como favorecela.

Esperámosvos!!

Premendo na imaxe podedes acceder a información sobre o tema de entradas anteriores.

Resultado de imaxes para BENVIDAS

domingo, 26 de maio de 2019

CAMIÑO Á ESO

Na recta final do curso, recollemos información sobre a organización da Educación Secundaria Obrigatoria e outros aspectos relacionados coa cambio de etapa que vai ter o alumnado de 6º de EP.

Premendo nas imaxes podes acceder:

  • A unha entrada anterior do blog


  • Á información do blog do Departamento de Orientación do IES MIraflores: lacoladeperro.blogspot.com

  • Información do blog de Mónica Diz Besada: monicadizorienta.blogspot.com

mércores, 22 de maio de 2019

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/2020

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

 Resultado de imaxes para axudas libros texto

As axuda están destinada ao alumnado de EP:
- 1º e 2º para adquirir libros de texto.
- 3º, 4º, 5º e 6º para participar no fondo solidario de libros de texto do centro educativo.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2019 para o alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoÑible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330B). 

Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

luns, 20 de maio de 2019

EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL- II


Como complemento a entrada anterior, recollemos unha serie de pautas, guías e recursos relacionados coa Educación afectivo-sexual.

Por que debemos falar sobre sexualidade?Os nenos/as e adolescentes, teñen curiosidade por natureza, polo que obterán as respostas ás súas preguntas.
O problema é de quen, de que forma e como. Será a información correcta para evitar danos e/ou desinformarlos aínda máis?

É valioso e fundamental que os adultos lles dean información, falándolles aberta, concretamente e en forma honesta sobre estes temas que son importantes na súa vida. Se evitamos falar de temas emocionalmente delicados eles/as aprenderán a gardarse as súas preocupacións, se ignoramos temas como o aborto, a masturbación, a pornografía, a SIDA, o sexo en xeral, conseguirán información de alguén máis, talvez os seus amigos/as, quen estarán en iguais ou peores condicións que eles ou de internet, podendo obter información distorsionada ou acceder a paxinas con contidos non adaptados á súa idade.




Resultado de imaxes para educacion afectivo sexual



-Temos que ter a información suficiente: antes de ofrecer un consello sobre determinado tema debemos informarse sobre os mesmos.

-Debemos ser confiables: evitar esaxerar a verdade para causar impresión ou deformar a verdade para evitarlle incomodidade ao menor ou a nós mesmos.

-Sexamos breves e claros, utilizando unha linguaxe adapatada á súa idade.

-Respectemos á súa opinión: interesarse polo que pensan no canto de dicirlles que deben facer ou opinar.

-Evitemos enfadarnos: se perciben que estes temas nos poñen de mal humor, sentirán menos confianza en nós evitando formular as súas preguntas.


-Convén que examinenos as nosas propias actitudes, os nosos sentimentos sobre os temas sexuais.

-Mostremos unha actitude amorosa: contribúe a que entendan mellor e poidan enfrontarse a temas que lles provocan confusión ou temor.


Resultado de imaxes para educacion afectivo sexual




Para ter en conta:
-Canto  máis pequenos/as sexan é mellor para comezar a falar.
-O que ignoran pode danalos.
-Se un non contesta buscarán outro lugar.
-Esforzarse para ser adultos "preguntables".
-Demostrarlles confianza en nós e eles mesmos; evitar xulgar, rirse ou castigar.
-Mostrarnos gustosos de que nos pregunten.
-No sexamos dramáticos.
-Se evitamos os temas, afaranse a gardarse as súas preocupacións


PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN
Estas son pautas xerais que convén seguir para tratar a educación afectivo-sexual coas rapazas e rapaces: EDUCAGÉNERO: Educación sexual, género e  convivencia

Recompilatorio de guías e materiais didáctico para a educación afectivo-sexual para secundaria, no blog "Entre pasillos y aulas", do que se pode obter información de interese tamén para o alumnado de primaria.

Materiais recollidos no apartado de Educación afectivo-sexual da páxina do MECD.

Aula Virtual do CEP Castilleja de la Cuesta con materiais sobre o tema.

Recompilatorio "Educación sexual y familia" do blog + Educación por favor.




Resultado de imaxes para educacion afectivo sexual familia



PARA AS FAMILIAS
La educación sexual de la primera infanciaGuia do MECD para familias e profesorado de E. infantil

La educación sexual de niñas y niñoas de 6 a 12 años.Guia do MECD para familias e profesorado de E. Primaria.

Educación sexual para nuestros niños y niñas de 0-6 años.Presentación de M del Carmen Hernández.

¿Hablas de sexualidad con tus hijas e hijos?Programa de prevención de embarazos na adolescencia, con información válida a ter en conta con menores.Federación de Planificación Familiar de España.

¿Como hablar de sexo con nuestros hijos?
Guía de lectura con propostas para todas as idades.

Resultado de imaxes para educacion afectivo sexual escuela


PARA O PROFESORADO
Mi papá me mimami mamá patea la pelota.
Del sexismo a la iguadad.  Proxecto Nemesis. Fundación Mujeres.

Educación afectivo-sexual na Educación Primaria.
Guía para o profesorado. Junta de Andalucía.

Programa de eduación Afectivo-Sexual no ámbito escolar.
Yo cuento, tú pintas, ella suma.  Principado de Asturias


Recursos e información facilitada por AGaSEX, da rede e do blog de Esc. Carmen Vera Arenas.