Amosando publicacións coa etiqueta Orgullodanosapel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Orgullodanosapel. Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de xaneiro de 2022

ORGULLO DA COR DA NOSA PEL

Dentro do PDI: "Orgullo de nós, orgullo de min", este mes de xaneiro está dedicado ao

                                         "ORGULLO DA COR DA NOSA PEL"

Partimos da lectura do conto "A cor da nosa pel" e doutros moitos como elemento motivador.


Baseámonos no Proxecto Humanae (vídeo explicativo). da fotógrafa Angelica Dass: 


Se che interesa podes acceder neste enlace ao vídeo completo desa charla; a unha  Charla TED da fotógrafa en inglés (pode subtitularse en galego, español, inglés ...), outro vídeo explicativo 1 foto 1 minuto e á páxina web do proxecto.

Así, experimentamos coas cores buscando a cor da nosa pel e crearon moitas diferentes, para despois poder facer o noso retrato.



 

 Investigamos e xogamos


E para celebrar que a pel non pode ser unha fronteira, conmemoraremos o Día da Paz cantando a canción "Terra" de Tanxugueiras, percutindo co noso corpo e cantando con lingua de signos, seguindo o vídeo que prepararon as mestras de Música e de Audición e Linguaxe.

Anímate!! Non hai fronteiras!!