Dentro do PDI: "Orgullo de nós, orgullo de min", este mes de xaneiro está dedicado ao
"ORGULLO DA COR DA NOSA PEL"
Partimos da lectura do conto "A cor da nosa pel" e doutros moitos como elemento motivador.
Baseámonos no Proxecto Humanae (vídeo explicativo). da fotógrafa Angelica Dass:
Se che interesa podes acceder neste enlace ao vídeo
completo desa charla; a unha Charla
TED da fotógrafa en inglés (pode subtitularse en galego, español, inglés ...), outro vídeo explicativo 1
foto 1 minuto e á páxina
web do proxecto.
Así, experimentamos coas cores buscando a cor da nosa pel e crearon moitas diferentes, para despois poder facer o noso retrato.
Investigamos e xogamos
Aprendemos mediante vídeos explicativos: Por
que hai peles de cores distintas?, Por
que somos diferentes?, para coñecer o porqué da cor da nosa pel. Vídeos explicativos.
E para celebrar que a pel non pode ser unha fronteira, conmemoraremos o Día da Paz cantando a canción "Terra" de Tanxugueiras, percutindo co noso corpo e cantando con lingua de signos, seguindo o vídeo que prepararon as mestras de Música e de Audición e Linguaxe.
Anímate!! Non hai fronteiras!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario