Amosando publicacións coa etiqueta Coronavirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coronavirus. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de marzo de 2020

MANTENDO A RAIA A ANSIEDADE

Nestes días sentimos moitas emocións e moi diversas.
Unha das que pode aparecer nalgún momento é a ansiedade, unha resposta de anticipación involuntaria fronte a estímulos que son percibidos como perigosos. Estes poden ser reais ou imaxinarios. A ansiedade permite que nos anticipemos para tomar medidas necesarias para enfrontar as ameazas, polo que en certo nivel pode ser positiva.

O problema xorde cando a ansiedade é moi alta, demasiado frecuente ou sobrepasa a nosa capacidade de adaptación. Neste caso pode ter repercusións físicas, emocionais ou cognitivas.

É importante identificar os síntomas, saber por que ocorren e tomar medidas para afrontalos.

De todo isto trata unha guía elaborada por un grupo de psicólogas nas que se ofrecen recomendacións para a poboación xeral e materiais/pautas específicas para diversos grupos específicos (familias e fillos/as,  familias e fillos/as con discapacidade,  persoas maiores e teletraballadores/as, entre outros)

Inclúe ademais materiais para o manexo da ansiedade, así como para a xestión dos pensamentos e da ansiedade.

Pódese descargar a guía en pdf aquí.



Vía orientateenperillo.blogspot

luns, 23 de marzo de 2020

COMUNICACIÓN CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Recordamos que como todo o curso, pero máis mentres dure a corentena, as familias poden contactar co Departamento de Orientación do centro no seguinte correo electrónico:

orientación@ceipjuanadevega.com

Agradeceriamos indicasen o curso e o nome do alumno ou alumna. Procuraremos responder o antes posible.

Resultado de imaxes para: orientanos blogspot

RECOMENDACIÓNS PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Recollemos nesta entrada recomendacións para a comunidade educativa con motivo a emerxencia sanitaria que estamos vivindo realizadas polo EOE da Coruña e o Colexio Oficial de Psicóloxía de Galicia.

EOE Coruña . Acceso ao documento en pdf.


Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Aceso ás recomendacións en pdf.


luns, 16 de marzo de 2020

ORIENTACIÓNS PARA A XESTIÓN PSICOLÓXICA DA CUARENTENA

Recollemos nesta entrada unhas orientacións do Colexio oficial de psicólogos de Madrid para a xestión psicolóxica da cuarentena.



O Colectivo orienta, pola súa parte, fai unha recompilación de consellos para traballar cos nosos fillos e fillas desde a casa. Prema na imaxe para acceder.