venres, 19 de xuño de 2020

PECHE DO CURSO (5)

E chegamos ao último día deste curso. 
Cérrase a porta do curso 2019/20.


A partir de mañá todo o alumnado estará de vacacións; unhas merecidas vacacións despois destes últimos meses de duro traballo e esforzo.
Agora toca descansar, desfrutar e recuperar forzas e enerxía para afrontar o novo curso.

A escola pecha as súas portas pensando no día 10 de setembro no que se retomarán as actvidades lectivas, volvendo de novo, se as circunstancias continúan sendo favorables, como así esperamos, dun xeito presencial.

Pouco a pouco, convén ir anticipando posibles cambios que se poidan dar:
  • novo profesorado.
  • novos compañeiros e novas compañeiras.
  • uso da máscara e do xel.
  • posibles cambios de espazos e/ou tempos.
  • ...
Para isto é importante estar pendentes das novas e da páxina web do centro para coñecer como será a incorporación, para poder explicala aos nenos e nenas da forma máis clara posible, dando unha imaxe real, o que lles dará seguridade e tranquilidade, que como adultos convén intentar transmitir.

Tranquilidade | LinkedIn


Desde o Departamento de Orientación queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade educativa, o seu esforzo e sobreesforzo, especialmente nestes últimos meses.
  • Comezando polo profesorado, que tivo que cambiar a forma de manter contacto e comunicarse co alumnado e coas familias, así como impartir as súas materias de forma telemática, procurando estar pendente do seu benestar emocional en todo momento; 
  • Continuando coas nais e cos pais, que de súpeto se converteron en docentes, psicólogos, educadores... coas circunstancias persoais, laborais e sociais particulares de cada familia,
  • E rematando, e moi especialmente, cos nenos e cos nenas, que tiveron que pasar varias semanas na casa sen poder saír nin relacionarse directamente coa familia e coas amizades, sacando o mellor de si e adaptándose ás novas circunstancias, demostrando ese gran poder de adaptación que teñen.
Grazas (demademora): Amazon.es: Minhós, Isabel, Carvalho, Bernardo ...


Esperamos que teñades un moi bo verán, descansedes o posible e desfrutedes de todo aquilo que vos guste, para poder encher este marco coas mellores imaxes posibles.

Diseño, hojas de palmeras tropicales de fondo con nota de tarjeta ...


Animámosvos a escribir unha lista de desexos para o próximo curso coa esperanza de que se cumpran. Podedes gardala ou escribilos en papeliños e meter nun bote ou nunha caixa.

Este é o noso .
Bote de los deseos

Cumpriranse? De seguro que si. 

En setembro descubrirémolo e abriranse de novo as portas da escola para recibirvos.

I CAMPAMENTO DE NADAL SEROCIO NO CEIP JUANA DE VEGA (OLEIROS)


Bo verán e desfrutade dun moi merecido descanso!

Ningún comentario:

Publicar un comentario