O dicionario define acougo como o estado de quen está tranquilo física e moralmente.
Son sinónimos alivio, calma, paz, quietude, descanso, sosego, tranquilidade, serenidade incluso descanso e respouso.
Nesta situación tan complexa que nos toca vivir pode ser difícil en ocasións atopar esa tranquilidade.
Pero, por que aparentemente nas mesmas circunstancias, unhas persoas son máis felices que outras?
Realmente as circunstancias e o mundo en xeral, con matices dependendo da situación persoal e en situacións normais, é o mesmo para todxs, o que nos diferenza é a ACTITUDE coa que afrontamos as cousas e o tipo de PENSAMENTOS nos que nos enfocamos.
Unha persoa optimista esta predisposta a buscar as cousas positivas que lle rodean, esfórzase en buscalas e valoralas. De aí o poder da mente, xa que só vai atopar o que busca. Se buscamos cousas marróns, só atoparemos marróns.
Que podemos facer para enfocar a nosa mente no positivo?
- Evitar xeralizar. Non todo é branco ou negro, hai moitos matices e moitas cores.
- Valorar o bo e agradecelo. Xa comentamos nalgunha outra ocasión, escribir ou pensar en cousas boas que nos pasan ou polas que teñamos que estar agradecidos pode axudar a descubrilas.
- Contrastar a información, non facer caso a suposicións.
- Buscar o punto de equilibrio; os extremos non son bos (exaxeración vs minimización).
- Evitar poñerse no papel de vítima. Convén ser proactivo e asumir a responsabilidade.
- Poñer límite á nosa responsabilidade; non se pode controlar todo, polo que debemos evitar caer nun exceso de responsabilidade polo enorme sentimento de culpa que pode producir.
- Centrarse na información contrastable e verídica; non facer caso ás predicións.
- Procurar non pensar que todo é perfecto é ideal. As ondas hai que aprender a surfealas.
- Evitar etiquetar aos demais, descalifican e non son construtivas.
- Enfocarse no presente para minimizar as preocupacións. Adiantarse a acontecementos, que normalmente non chegan a suceder, pensando no peor dos casos aumenta a preocupación e a ansiedade.
- Rodearse de xente positiva, axudaranos a ter unha actitude mental positiva.
Esta última idea é importante para nós como pais e nais, xa que se transmitimos acougo e positividade, os nosos fillos e fillas estarán máis tranquilos e aprenderán a viaxar pola vida con positividade.
Como podemos axudar a que se relaxen?
Que podemos facer?
- Usar a mente (mindfulness).
- Rir.
- Respirar profundo.
- Estirarse.
- Escoitar música que os/as atrape.
- Colorear, debuxar.
- E sempre falar.
Recollemos varios recompilatorios de recursos para traballar a parte emocional. Algúns deles xa os fomos propoñendo en entradas anteriores.
Premede nas imaxes para acceder ás páxinas.BENESTAR EMOCIONAL
Documento elaborado polo Equipo de Orientación Específico da Coruña con pautas e recursos para favorecer o benestar emocional.
EMOCREA EN CASA.
Adaptación dalgunhas actividades do libro "EducaEMOción" (Santillana 2018) para ser desenvoltas no contexto familiar.
Recompilatorio de recursos elaborado polo CFR da Coruña para o acompañamento emocional para o profesorado e as familias.
Padlet con recursos para acadar a serenidade.
Vía Con rumbo
Sesións de relaxación do programa RETO (Respecto, Empatía e Tolerancia)
Cada sesión vén acompañada dun conto.
Recompilatorio de recursos e técnicas de relaxación.
Vía monicadiz.orienta.
Recursos:
masymejor.com
bbc.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario