Nestes días nos que se está recordando a figura e a obra de Ricardo Carvalho Calero, a escritora, sociolingüista e profesora Pilar García Negro, que foi alumna e discípula súa, comenta nunha entrevista que "Os seus pais van ao tetro con el, el pregunta todo, era un neno curioso, pero na súa casa líase a Curros e Rosalía... A partir deste bo ambiente, medrou"
E imos aproveitar este recordo para propoñer unha reflexión sobre a importancia de espertar a curiosidade nos nosos fillos e fillas a partir doutras feitas por Catherine L´Ecuyer, autora de "Educar en el asombro" e "Educar en la realidad", da que xa falamos noutras ocasións:
- O asombro é moito máis profundo que a "curiosidade", ou a "sorpresa". Tomás de Aquino dicía que o asombro é o desexo para o coñecemento. Aristóteles dicía que todas as persoas desexan coñecer por natureza.
- Chsterton dicía "Cando somos moi nenos/as, non necesitamos contos de fadas, senón simplemente contos. A vida é de por si bastante interesante. A un neno de sete anos pode emocionarlle que Perico, ao abrir a porta, atope un dragón; pero a un neno de tres anos emociónalle bastante que Perico abra a porta".
- Os nenos/as necesitan un entorno normal cunha cantidade normal de estímulos. É certo que a carencia drástica pode ser dañina para aprendizaxe, pero estamos falando de carencias graves.
- Os estímulos externos, cando non se harmonizan co ritmo interior do neno/a, substitúen o desexo de coñecer, e acábano adormecendo.
- O estímulo tecnolóxico é extremadamente rápido para un neno/a e substitúe o asombro, que é lento. Un neno/a sobre estimulado entra nun círculo de recomensa (a través do neurotransmisor dadoamina) que pode incluso crear adicción.
- O aburrimento, dicía Tolstoy é "desexar desexar".
- É importante fomentar motivacións internas e trascendentes (de sentido) nos nosos fillos/as e afastarse de todo o que fomenta neles motivacións externas (pantallas, castigos, recompensas, etc.)
- O asombro é non dar nada por suposto. Agora, hai restriccións e os recursos están limitados. É unha oportunidade para valorar o que temos.
- O que necesitan é material sensorial, e téñeno na casa.
Partindo desta idea e da liña metodolóxica de Fracesco Tonucci, o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Ánxel Casal da Coruña fai unhas propostas destinadas ás crianzas de 0 a 3 anos, pero que poden ser aplicadas en moitos casos ás de 4 a 6, e incluso ás de máis idade con pequenas variacións, por que... todxs sabemos poñer unha lavadora ou facer unhas pastas?
En Aprendendo na casa, documento que nos achega a mestra Aurora, recóllense actividades para traballar todas as competencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario