mércores, 27 de maio de 2020

XOVES 28_EMPATÍA

Nalgún momento do confinamento, persoal sanitario, policías e traballadorxs de supermercados pediron menos aplausos e máis empatía, ante algunha conduta puntual de rexeitamento ante ese persoal ao que a maioría agradeciamos a súa labor.

A empatía é a capacidade que nos permite observar o que outra persoa sente; poñernos nos seus zapatos. 

Implica ser receptivo ante as emocións das persoas que nos rodean e ter a capacidade de identificalas a través dos xestos e palabras; implica comprender o que outra persoa sente e apreciar a situación sen xulgar ao implicado/a. E vai máis alá, xa que conleva a propia sensibilidade en relación con esas emocións.


Imaxe da empatía do libro Amar da editorial Palabras Aladas ao tedes acceso nesta ligazón.


Neste enlace tedes propostas de actividades sobre a lámina e aquí as solucións.

Pero, por que queremos nenos e nenas empáticxs?
Se os nenos e as nenas son empáticxs, convertiranse en adultos empáticos, que é o que necesitamos, persoas que se poidan poñer no lugar doutra, sentir o que senten e querer axudar.
A nivel escolar, a empatía favorece a convivencia e é básica na prevención do acoso escolar.

Como podemos fomentar a empatía?

  • Dando exemplo.
  • Escoitando; dando importancia ao que contan.
  • Prestando atención aos seus sentimentos sen xulgalos.
  • Aceptando que cada persoa ten as súas propias emociòns e sentimentos.
  • Expresando os propios sentimentos.
  • Atendendo as súas emocións.
  • Falando e comentando situacións que vemos, lemos, escoitamos... aproventándoas para fomentar a empatía.


No seguinte libro recóllense ideas e propostas para traballar a empatía na corentena, xa relaxada, e en calquera momento.

Neste enlace podedes descargar a guía.

Coma sempre, os contos sempre son un moi bo recurso para reflexionar e, neste caso, sobre a empatía.




Para os/as maiores podedes descargar  o libro "La lección de August" en pdf.

No seguinte vídeo dannos uns recursos para favorecer o desenvolvemento da empatía.




Continuemos potenciando a empatía sempre, tamén na desescalada.
#sentidiño

Ningún comentario:

Publicar un comentario