Sempre soubemos da importancia da ciencia, pero nestes tempos, máis que nunca estamos pendentes dos avances científicos para poder superar a crise sanitaria producida pola COVID-19.
É importante fomentar a ciencia en nenas e nenos pois axuda a crear pensamento crítico, fomenta a análise e a capacidade de resolución de problemas, e a longo prazo aseguramos un interese polo coñecemento e posiblemente por unha carreira exitosa.
Pero, como podemos facer por ensinar e fomentar o gusto pola ciencia?
- Promovendo o descubrimento, a creatividade e a innovación.
- Procurar que o descubrimento xenere pracer.
- Fomentádoo en neno e nenas, a elas tamén lles gusta explorar, coñecer, experimentar e analizar. Premendo na imaxe descubriredes 15 experimentos para facer na casa.
- Relacionando ciencia e tecnoloxía cos elementos positivos e tamén ensinando sobre os seus riscos.
- Ensinando que a ciencia está presente na matemática, na historia, na literatura, na economía, na política e nos valores morais. Premede na imaxe para acceder a materiais de ciencia en galego.
- Creando curiosidade sobre o deseño e a creación de obxectos, como coidar as cousas e o coñecemento sobre a saúde humana.
- Permitindo realizar algunha actividade práctica todas as semanas (cociña, experimento, xogo...), experimentando.
- Dando espazo para razoar por si mesmxs, sen limitar nin condicionar a liña de pensamento.
- Visitando museos e feiras de ciencia. Aínda que os museos xa están comezando a abrir, deixámosvos estes enlaces para realizar visitas virtuais.
- Ensinando historias sorprendentes sobre o mundo natural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario