martes, 26 de maio de 2020

MARTES 26_PANTALLAS

O período de confinamento provocou que todos utilizásemos e utilicemos as pantallas (televisión, móbiles, tabletas, ordenadores e videoxogos) moito máis tempo do habitual e do recomendable.


A desescalada na que estamos permitirá ter opción doutras actividades ao aire libre, desconectar das pantallas e relaxar a vista.

Uso responsable de las pantallas - osinteresa.com


Aínda así, no que queda de curso teremos que facer uso delas, polo que recollemos unha serie de recomendacións para unha utilización eficaz:
  1. Seleccionando programas educativos de calidade en función da idade dos nenos e nenas.
  2. Utilizando, se é posible, o dispositivo de forma conxunta. Hai evidencias de que o tempo compartido mirando as pantallas favorece a aprendizaxe de novas palabras e permítenos dirixir a atención cara a un contido específico, falando sobre o que se ve ou reforzando algo relacionado coa vida diaria.
  3. Evitando ter unha actitude inflexible no uso de pantallas. No seu lugar podemos transmitir que é saudable e que non.
  4. Se é preciso, usándoas para manter contacto coa familia e amizades. Esta é unha forma saudable de utilizar as pantallas en todas as idades.
  5. Combinando estas actividades con outras sen pantallas (pasear, xogar, falar, ler, correr...); estas últimas axudarán a manter a saúde mental e física.
  6. Ensinando hábitos saudables cos dispositivos: establecendo tempos de descanso mediático e propoñendo espazos sen dispostivos, incluso para nós mesmos.
  7. Dando exemplo.
  8. Axudando a ser críticos/as e coñecer mellor os recursos de internet.
5 herramientas digitales para niños - Colegio San Cristóbal Castellón

Aínda así, psicólogos sinalan que as tecnoloxías tiveron puntos positivos durante o confinamento:
  • Entretiveron (deporte, series, xogos...)
  • Permitiron que mantivésemos contacto cos demais.
  • Foron e son unha ferramenta moi importante a nivel educativo.

A nivel de saúde, o abuso de pantallas ten os seus efectos: poden provocar problemas de conciliación de sono, debido á exposición da luz azulada e a alteración na secreción da melatonina; favorecen o autoillamento social e producen irritabilidade.
Un uso excesivo de pantallas pode levar tamén a un aumento da miopía nos xoves e a unha idade máis temperá.


El uso excesivo de pantallas provoca que los jóvenes sean cada vez ...


Así, convén:
  • Fixar un horario en función da idade. A Asociación Americana de Pediatría (APP) en 2018 deu estas recomendacións de uso de pantallas ao día segundo a idade:

  1. ATA OS 18 MESES, CONVÉN EVITAR A EXPOSICIÓN.
  2. DE 2 A 5 ANOS, LIMITAR O USO ENTRE MEDIA HORA E UNHA HORA AO DÍA.
  3. DE 5 A 12 ANOS, É NECESARIO ACOMPAÑAR E SUPERVISARS SEMPRE, PODENDO ESTAR ENTRE UNHA HORA E HORA E MEDIA AO DÍA.
  4. NA ADOLESCENCIA, A NOSA LABOR É MÁIS DE GUÍA E EDUCAR NO USO RESPONSABLE E SAUDABLE DAS TECONOLOXÍAS.
Soluciones a problemas matemáticos: Partiendo el reloj

  • Non expoñerse a elas dúas antes de deitarse.
  • Descansar cada certo tempo e acordarse de mover as pálpebras de forma voluntaria, xa que a exposición ás pantallas produce unha gran sequidade ocular porque inconscientemente diminúense os movementos reflexos das pálpebras..
EDUCACIÓN MOTIVADA: USO SEGURO INTERNET Y REDES SOCIALES. RECURSOS


Nos seguintes enlaces podedes atopar información de interese:

Estes son algúns recursos para reducir a exposición ás TIC e ocupar o tempo noutras actividades..
Premendo nalgunhas palabras accededes a entradas anteriores do blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario