Diversas investigacións psicolóxicas descubriron a relación entre estes dous conceptos, demostrando que cando estamos transitando emocións relacionadas co aburrimento ou coa euforia temos máis probabilidades de ver asociacións e conexións inusuais entre varias palabras.
O aburrimento indica que o contorno non nos resulta moi satisfactorio. Como resultado, buscamos neses momentos algo que capte a nosa atención ou que nos resulte significativo, queremos facer algo máis interesante ou estimulante. E é aí, neste desexo, cando se activan as novas conexións, un proceso clave no pensamento creativo.
Tendemos a hiperestimular o cerebro con estímulos externos, co que afogamos os intentos de xerar estímulos que veñan de dentro.
A CAIXA DE CORES
Descubride neste conto ilustrado de Carlos Pellícer o que Julieta fixo un día... de aburrimento coa súa caixa de cores.
Saber pintar é saber dicir as cousas.
EDUCAR NO ASOMBRO
Catherine L´Ecuyer, no seu libro Educar no asombro, sinala que a saturación dos sentidos e a sobreestimulación dos nenos e nenas:
- Anulan o sentido do asombro, a creatividade e a imaxinación.
- Promoven a pasividade, a falta de iniciativa e a pereza mental, tras unha fugaz sensación de euforia.
- Potencian a hiperactividade e o nerviosismo, facendo que estean a disgusto consigo mesmos, tendo que buscar novos entretementos e sensacións máis intensas que os tranquilizan.
- Serecorran á tecnoloxía e aos medios de comunicación para acceder a contidos máis agresivos e impactantes.
Catherine recomenda permitir que sexan os nenos e as nenas descubran o seu propio ritmo a través do xogo libre a través da observación, da experimentación, da invención e da imaxianción.
Nesta entrada de Biblionos tedes este libro recomendado e outros relacionados con educación.
O TARRO DO ABURRIMENTO
Unha estratexia que podemos seguir para eses momentos que poida haber de aburrimento e buscar a participación dos nenos e nenas, Podemos pedirlles que escriban ou debuxen nunhas tiras de papeis actividades que poidan facer cando estean aburridos e metelas nun tarro, o tarrro do aburrimento, o que poderemos abrir cando o precisemos.
O MELLOR REMEDIO CONTRA O ABURRIMENTO
Hoxe propoñemos non facer propostas durante unha tarde para que cada neno e nena busque libremente en que ocupar o tempo.
Potenciará o desenvolvemento da súa creatividade.
"Unha xeración que non soporta o aburrimento será unha xeración de escaso valor". Bertrand Russell.
Ningún comentario:
Publicar un comentario