martes, 5 de maio de 2020

MARTES 5 _ CAIXAS

Xa en maio, na fase 0 da "desescalada", imos falar de caixas como pretexto para facelo da creatividade.

O confinamento está provocando que desenvolvamos a nosa creatividade, planificando, organizando e realizando miles de actividades diferentes coas cousas e cos materiais dos que dispoñemos normalmente na casa, e incluso... sen nada.

Diariamente enfrontámonos a situacións e problemas que implican novas formas de adaptabilidade, alzándose a creatividade como unha ferramenta clave para resolvelos.
A creatividade é clave se queremos que os nenos e as nenas sexan independentes na súa forma de pensar, poidan asimilar ben esas situacións, saiban razoar e cuestionar, sexan sensibles ao contorno e se inclinen a explorar en busca de solucións novidosas fronte aos problemas cotiás e aprendan a coñecerse a si mesmos/as.

Todo isto vai permitir que teñan unha maior adaptabilidade a situacións novas, como a que estamos vivindo, o que asegura que poidan ter unha mellor actitude ante elas e sinta unha menor frustración, o que repercutirá nunha maior felicidade

E aquí é onde aparece unha caixa, que non é unha caixa.



COMO PODEMOS FOMENTAR A CREATIVIDADE
  • Pasando tempo de calidade cos nosos fillos e fillas.
  • Xogando.
  • Potenciando que se xeren ideas persoais sobre calquera situación da que falemos, atrevéndonos a equivocarnos.
  • Promovendo a liberdade de expresión.
  • Dando liberdade a desenvolver a imaxinación, respectando tempos de aprendizaxe.
  • Invitando a pensar ideas disparatadas.
  • Fomentando as actividades conxuntas.
  • Favorecendo a experimentación.
  • Falando dos problemas e buscando posibles solucións conxuntas.
  • Recordando que todas as persoas somos potencialmente creativas.

ÁS CAIXAS ENCÁNTALLES TER AVENTURAS.
Descubride algunhas.


Como vedes coas caixas podemos facer miles de cousas. A crear!!
Pero se necesitades algo de axuda, nestas caixas hai moitas máis ideas. Abrídeas se as necesitades!!
Premede nas imaxes.

Cajas para mudanzas                        Caja de Cartón para Desayunos  
                                Que facer cunha caixa de cartón                               Como facer un labirinto

24 piezas de cajas de pastel horneando galletas cajas de embalaje ...               Caja de cartón canal simple 60x40x30 cm
Como facer unha caixa con papiroflexia                        Experimento con plantas       
Comprar Caja de Madera para 4 Botellas de Vino - Un Proyecto Solidario            Caja para Zapatos ¡Organiza tu Calzado!   

                               Como facer unha caixa de luz                                  Arte abstracta cunha tapa


Cajas de zapatos, ordenar zapatos, organizar zapatos, ordenación ...            

                                                              Experimentos percepción visual


Caixas especiais

AS CAIXAS DE MÚSICA
Música para relaxarse e favorecer o sono. Apreveitade para practicar unha respiración efectiva.



A CAIXA DE PANDORA
Para coñecer algo da mitoloxía grega, falar e reflexionar.
De onde procede a frase... A esperanza é o único que se perde?



Dúas propostas moi recomendables:

A CAIXA MÁXICA DA CALMA
Crear unha caixa máxica da calma onde metamos aquelas cousas que nos axudan a relaxarnos: contos, mandalas, pelotas, trucos ... incluso unha libreta para ir anotando como nos sentimos e que estratexias nos resultaron eficaces en cada momento.




A CAIXA DO MEU PASADO
Collemos unha caixa, decorámola ao noso gusto cos materiais que queiramos e metemos dentro os obxectos preferidos ou que teñan importancia para nós por algún motivo.
Rematamos poñendo un film a modo de tapa e xa podemos colgala ou poñela onde queiramos.

Creamos unha caixa do confinamento? Animádevos!



"En momentos de crise só a imaxinación é máis importante que o coñecemento" (A. Einstein).

Ningún comentario:

Publicar un comentario