martes, 21 de abril de 2020

MARTES 21 _ MÚSICA

Neste confinamento a cultura está tendo un papel moi importante para axudarnos a levalo do mellor xeito posible, e dentro da cultura a música.

As propostas de concertos e festivais que artistas nos fan chegar a través das redes sociais axudan bastante a sobrelevalo.

Os aplausos das 8 da tarde para agradecer a labor de todas as persoas que están coidándonos sempre van acompañados de cancións cheas de mensaxe e emoción.

María, a mestra de Educación Musical, reflexiona sobre a importancia da música e a relación coas emocións nunha estupenda entrada no seu blog. Preme na imaxe para acceder a ela.



Salvador Martínez, profesor na Universidade Miguel Hernández, sinala que a neurociencia corrobora que no confinamento a música é unha boa aliada, porque segundo el di:
  • Favorece o incremento da dopamina, neurotransmisor da recompensa. Unha boa canción ponos o pelo de punta, acelera o coraáon e provoca outros cambios fisiolóxicos propios da excitación emocional.
  • Serve de válvula de escape e control do estrés. Un ritmo lento ten a capacidade de reducir os parámetros asociados ao estrés, sobre todo se as persoas escollen as melodías que escoiten. Ademais, ao escoitar música xéranse estados emocionais que reemplazan temporalmente aos sentimentos provocados polo momento presente, polo que a música convértese nunha excelente válvula de escape nunha situación incerta ou frustrante.
  • Cambia a percepción. Estudos realizados demostraron que unha canción alegre ten un efecto tan potente que fai que vexamos caras sorrintes onde non as hai; outro tanto se pode dicir das tristes.
  • Evoca movemento. xa que ao escoitala móvenos por dentro, activa o sistema motor que recoñece os ritmos e síntese impulsado a realizalos.
Por todo isto, está claro que a música é unha dopaxe moi recomendable para o cerebro e calmar os males do confinamento. 


DESCONFINEMOS AS EMOCIÓNS
Achegamos un conto-guía elaborado por Vanesa Bielsa, no que se recollen diversas actividades para favorecer a exteriorización e a identificación das emocións. A música tamén nos pode axudar a logralo.
Preme na imaxe. Vía orientacióncondesa.



A MÚSICA EMOCIONA
Animámos ao alumnado de educación infantil a facer o "xogo" que propón María para o de primaria. Seguide as pautas e sentide. 
Podedes probar despois con outras cancións que vos gusten, que sentides? que vos provocan?


E aínda que pronto poderemos saír da casa, como nos di e ilustra José Fragoso neste conto...


... utilicemos a música para seguir o confinamento con alegría, con tranquilidade, para bailar, para relaxarnos ... para desfrutar.


Vía aulasgalegas.org, deixámosvos un enlace desde o que se accede a un Symbaloo realizado pola profesora Rosa Alonso para darnos a coñecer grupos que fan música en galego. Descúbreos e goza con eles.




Ningún comentario:

Publicar un comentario