venres, 12 de xuño de 2020

EMOCIONARIO MUSICAL

Rematamos a semana falando de emocións e música.


En moitas ocasións témolas relacionado, ao igual que María, a mestra de música, no seu blog.


Rescatamos unha idea de Elena, unha mestra de primaria e especialista en Educación Musical, que partir do libro Emocionario elaborou un proxecto no que ía relacionando cada emoción cunha melodía, para crear un emocionario musical.

No seu blog tedes acceso ao todo o proxecto e aos pasos que seguiu para levalo co seu grupo de clase, pero que é facilmente aplicable para facer tamén desde a casa.



Como exemplo deixámosvos a ilustración e a melodía que ela seleccionou para a...





Que melodía asocias ti coa felicidade?

Animámosvos a buscar unha para cada unha das emocións recollidas no libro e crear o voso propio emocionario musical.

Boa fin de semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario