luns, 15 de xuño de 2020

PECHE DO CURSO (1) _SENTIMENTOS

Última semana de curso.


Remata un curso excepcional por moitos motivos, cheo de novas e vellas palabras, positivas e negativas, quizais cun significado diferente moitas delas.

Algunhas delas forman parte deste arco da vella que tantas veces foi debuxado no confinamento, que é visto como símbolo positivo, prognóstico de boa sorte, emblema de cambio, ponte cara ao bo ou inicio dunha nova etapa favorable, e que os tibetanos valoran moito a súa imaxe positiva porque proporciona un estado interior pleno de alegría, forza e entusiasmo.


Partindo do significado do arco da vella, imos intentar durante esta semana aportar algunhas ideas para pechar a porta deste curso de forma que poidamos facelo con ese  entusiamo que nos transmite, e poder abrir pronto a do próximo con forza e enerxía  renovadas.
Niño Abriendo La Puerta De La Casa Vieja Oxidada Fotos, Retratos ...

Durante todo o confinamento levamos falado moito de emocións e sentimentos.
Para facer un bo peche, imos comezar axudando a reflexionar e pensar en como nos sentimos neste momento.

Estas son algunhas propostas que podedes seguir para axudar aos nenos e ás nenas a identificar, nomear e clarificar o que senten e que recolliamos na entrada do 23 de marzo, no comezo da pandemia. 

Neste enlace podedes acceder a algún xogo para axudar aos máis pequenxs.

Podedes recoller os sentimentos e as emocións neste momento nun cartel, nun libro de lapelas ou nun tarro, asociándoas con debuxos, imaxes ou frases que as expliquen.

Escribir unha carta, unha poesía, un relato... nos que transmitamos o que sentimos pode ser tamén unha boa opción.

LAPBOOK (13) – Imagenes EducativasUn tarro para trabajar la educación emocional en la asamblea de clase

Ningún comentario:

Publicar un comentario