luns, 1 de xuño de 2020

UN ÚLTIMO ESFORZO

Comezamos o mes de xuño e as tres últimas semanas deste curso tan excepcional.
É posible que o paso do tempo e os días de sol e calor fagan que nos sintamos con menos forza para continuar con ánimos.

Por iso, é importante recuperar as forzas e facer un último esforzo para manter o ritmo o mellor que se poida, dependendo das circunstancias persoais.

É posible que teñamos que facer unha revisión das rutinas fixadas en función dos cambios que se puideran dar no ámbito familiar: incorporación ao traballo, tempos de saída, motivación e interese ...
Así, pode ser recomendable revisalas para adaptalas á nova situación se é o caso.

Pode ser preciso tamén cambiar o momento de traballo, en función de cando podemos prestarlles aos nenos e nenas axuda. Na medida do posible, convén potenciar o traballo autónomo, o que repercutirá tamén nun mellor autoconcepto.

Podemos facer previamente unha autoavaliación do tempo en corentena a partir da Diana do Arco da vella que propón Cintia Rodríguez.



Nunha entrada anterior dedicada ao esforzo podedes atopar pautas para favorecelo.

Seguro, que todo vai ir ben!!




Para axudarnos, Eva Solaz completa a 10ª semana do programa RETO (respecto, empatía e tolerancia) para este tempo de confinamento propoñendo para cada día un conto e unha sesión de relaxación.

Boa semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario