martes, 2 de xuño de 2020

CONTROLANDO A ANSIEDADE

Ao longo destes meses temos falado moito das emocións e de como podemos xestionalas.
Aínda que xa estamos na desescalada, convén que sigamos controlando a ansiedade que se poida producir tanto en nós como nos nenos e nenas.

Como saber se un neno/a está tendo ansiedade?
Podemos percibilo se:
  • Ten un exceso de estrés ou tensión física que se pode manifestar con dores de cabeza, enfados frecuentes, cansanzo, desgana, problemas para conciliar o sono, dificultades para concentrarse ...
  • Os medos normais no desenvolvemento (a estraños, á escuridade, a quedar só ...) comezan a imposibilitar ou condicionar a vida diaria.
  • Aparece a ansiedade por separación despois dos 2-3 anos (angustia cando se ten que separar da figura de apego)
  • Aparece un trastorno de ansiedade (os síntomas duran máis de 6 meses)
Ansiedad infantil, los niños también puede experimentar ansiedad ...

Cales poden ser as causas da ansiedade infantil?
  • Atravesar cambios importantes no desenvolvemento ou no tipo de vida.
  • Pasar moito tempo diante das pantallas.
  • Mala alimentación.
  • Falta de hábitos e rutinas.
  • Ausencia de límites claros e sanos.
  • Ausencias repentinas das figuras de apego sen explicación previa.
  • Exceso de estimulación e actividades durante o día.
  • Problemas escolares.
  • Falta de confianza en si mesmo.
  • Carencia de apoios.
  • Paso por situacións traumáticas ou graves.
Como podemos axudar?

Nunha entrada anterior, atopamos varios recursos que nos poden axudar a encontrar o acougo.


PERINOLA - TIENDA DE APRENDIZAJE - MINDUFULNESS PARA NIÑOS ...

Ningún comentario:

Publicar un comentario