Unhas delas son as dedicadas á agricultura e á gandería.
Isabel Ramos, unha traballadora especializada en muxir, dicía nunha entrevista nun xornal: "Agora a xente empeza a darse conta do importante que é isto, o noso traballo. No caso de que paráramos, non habería que comer"
Grazas ao seu traballo e esforzo puidemos e podemos ter alimentos do agro todos os días.
O esforzo é outro valor que convén fomentar nos nosos fillos e fillas. Implica facer o que nos custa, a pesar disto e de que non teñamos ganas de facelo. Está moi asociado coa superación.
Convidámosvos a poñer voz a este vídeo para reflexionar sobre a súa importancia.
O humorista Josh Billings dixo que "A vida non consiste en ter boas cartas, senón en xogar ben as que un ten". Como pais e nais podemos axudar a xogar ben coas súas cartas fomentando a capacidade de esforzarse.
Por que?
Por que?
- O esforzo sempre ten recompensa, sobre todo a nivel persoal, na nosa autoestima.
- Todo o importante na vida se consegue con esforzo; o logro conleva sempre esforzo e constancia.
- Normalmente, o que máis queremos, máis esforzo nos custa e ao mesmo tempo máis satisfacción xera.
- Dando exemplo.
- Motivándo polo seu comportamento co que se aumentará a súa autoestima.
- Dando o tempo que precisen para resolver os problemas.
- Axudando ao comezo se é preciso para evitar a frustración, retirándoa pouco a pouco para se dea conta de que pode facelo por si mesmx.
- Fomentando a responsabilidade nas súas obrigas e na cooperación nas tarefas domésticas.
- Suxirindo opcións, alternativas, evitando dar ordes.
- Mantendo expectativas razoables adaptadas ás súas posibilidades e capacidades para favorecer a motivación.
Isabel, a gandeira da que falabamos ao comezo, seguro que sabe moito de esforzo, traballo e constancia.
Aos traballos do campo téñenselle dedicados moitas obras artísticas.
Manuel María, poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, ao que se lle dedicou o día Día das Letras Galegas en 2016, escribiu un poema dedicado a unha importante ferramenta de traballo dos agricultores noutros tempos, a "O Carro", que forma parte da obra Terra Chá (1954) e que foi musicado por Baldomero Iglesias e Fuxan os Ventos editou no seu disco O Tequeletéquele (1977).
Recordade ou descubride o seu son e cantade esta fermosa canción, ao tempo que podemos aproveitar para falar dos costumes do campo. Podedes tamén ilustralo igual que a rapazada de 5º e 6º do CEIP Armenteira mentres a escoitades.
Este é outro poema dedicado a ”O carro”, do poeta Emilio Álvarez Blázquez do seu libro Poemas de ti e de min, atopado na Antoloxía da Literatura Galega, do Laurentino Francisco Fernández del Riego. Foi musicado por A Quenlla e Suso Vaamonde.
Animádevos a memorizalo.
-¿QUE LEVAS, carro baleiro,
que levas pola costiña?
-Levo a mañanciña toda,
con un galo loiro enriba.
-¿Que levas, carro baleiro,
que levas pola costiña?
-Levo a serán con un merlo
asubía que asubía.
¿Que levas, carro do tempo,
costa abaixo, costa arriba?
-Levo semente de estrela
pra sementeira dos días.
que levas pola costiña?
-Levo a mañanciña toda,
con un galo loiro enriba.
-¿Que levas, carro baleiro,
que levas pola costiña?
-Levo a serán con un merlo
asubía que asubía.
¿Que levas, carro do tempo,
costa abaixo, costa arriba?
-Levo semente de estrela
pra sementeira dos días.
E se facemos un con fiunchos, nabos, unha lata ou castañas? Podedes crear un con outros materiais ou con pezas de construcións.
Premede nas imaxes para saber como se fan.
A importancia do carro para o desenvolvemento das tarefas do noso agro quedou tamén recollida no refraneiro popular.
Deixámosvos unha mostra deles que teñen o carro como fío condutor para que poidades ler, reflexionar sobre eles para entendelos e memorizar. Trallaremos a linguaxe aprendendo mentres coñecemos a vida do campo.
Aquí tedes moitos máis.
O que non ten carro nin bois, anda antes ou despois
Nin por arrodeos nin por atallos nunca te apartes do camiño dos carros
Nin por arrodeos nin por atallos nunca te apartes do camiño dos carros
Cando o carro canta é que vai cheo
Carros grandes son días santos
Carro derradeiro, ou ben cargado ou ben baldeiro
Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro
Maio pardo e san Xoan claro valen máis cós bois e o carro
Abril quente e mollado, carga o carro e engorda o gando
Incluso nos dán para falar de coeducación e igualdade.
Carros vellos e mulleres pobres acaban cos homes
Carros vellos e mobles podres acaban cos homes
Máis Galicia en imaxes aquí.
A pintora María Antonia Dans reproduciu un carro nesta obra. Invitámosvos a reproducila coa técnica que queirades ou a crear unha nova.
Sairá unha composición marabillosa cun pouco de... esforzo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario