Desde que xa podemos saír a pasear, volvemos a desfrutar da paisaxe e de seguro que valoramos as pequenas cousas que observamos moito máis.
Xa dedicamos algunha entrada á natureza, é hoxe imos falar da importancia para nenos e nenas do contacto da natureza e dos seus beneficios.
Algúns expertos chegan a falar do Trastorno de déficit de Natureza para describir o crecente illamento do mundo natural. Evitémolo se é posible saíndo a desfrutar del.
O contacto co mundo que nos rodea axuda a:
- Unha formación integral, a un desenvolvemento físico, intelectual e emocinal.
- Estimular todos os sentidos.
- Potenciar a experimentación e o xogo.
- Fomentar a autonomía, creatividade e empatía.
- Reducir o nivel de estrés. Favorece o benestar emocional.
- Estimular a aprendizaxe.
De todo o que podemos observar, imos deternos nas árbores e concretamente nos piñeiros.
Eduardo Pondal, escritor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1965 compuxo un poema, "Os pinos" a petición do músico Pascual Veiga, quen fixo unha composición musical que foi considerada despois o himno de Galicia.
Neste vídeo dos Bolechas podemos saber máis cousas sobre Pondal. Premede na imaxe.
Para xs máis pequenxs deixámosvos este conto.: "Piñeiro"
O arume é a folla do piñeiro.
Aínda que a mellor época para facer actividades coas follas é o outono, se as atopamos e as secamos podemos facer con elas moitas cousas: coleccionar, clasificar, ordenar...
ESTAMPACIÓNS
COMPOSICIÓNS
E incluso MANDALAS
Pondal estudou medicina. Descubride a Olimpia Valencia, a primeira muller licenciada en Medicina en Galicia.
Pondal nos seus poemas tamén falou da Lúa e do luar, mesmo aparece no himno galego.
Esoitade, observade e desfrutade destas dúas montaxes feitas por nenos e nenas a partir de dous contos. Premede nas imaxes para velos e animádevos a facer unha montaxe do voso conto favorito.
Aproveitemos ás saídas á natureza para relaxarnos. Na casa tamén o podemos facer pechando os ollos, escoitando os seus sons e respirando de forma efectiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario