No mes de setembro incorporarase ao centro alumnado novo en 4º de Educación Infantil.
Debido á que neste momento non é posible realizar a reunión de acollida no colexio, compartimos con vós esta presentación que recolle información, pautas e recursos para facilitar a entrada.
Queremos darvos a benvida e esperámosvos en setembro.
Remata a semana e chega o tempo para desconectar e poder afrontar os últimos 10 días de curso con forzas e enerxía. Propoñémosvos varias ideas para a desconexión na fin de semana
Ao longo destes meses temos falado moito das emocións e de como podemos xestionalas.
Aínda que xa estamos na desescalada, convén que sigamos controlando a ansiedade que se poida producir tanto en nós como nos nenos e nenas.
Como saber se un neno/a está tendo ansiedade? Podemos percibilo se:
Ten un exceso de estrés ou tensión física que se pode manifestar con dores de cabeza, enfados frecuentes, cansanzo, desgana, problemas para conciliar o sono, dificultades para concentrarse ...
Os medos normais no desenvolvemento (a estraños, á escuridade, a quedar só ...) comezan a imposibilitar ou condicionar a vida diaria.
Aparece a ansiedade por separación despois dos 2-3 anos (angustia cando se ten que separar da figura de apego)
Aparece un trastorno de ansiedade (os síntomas duran máis de 6 meses)
Cales poden ser as causas da ansiedade infantil?
Atravesar cambios importantes no desenvolvemento ou no tipo de vida.
Pasar moito tempo diante das pantallas.
Mala alimentación.
Falta de hábitos e rutinas.
Ausencia de límites claros e sanos.
Ausencias repentinas das figuras de apego sen explicación previa.
Exceso de estimulación e actividades durante o día.
Problemas escolares.
Falta de confianza en si mesmo.
Carencia de apoios.
Paso por situacións traumáticas ou graves.
Como podemos axudar?
Nunha entrada anterior, atopamos varios recursos que nos poden axudar a encontrar o acougo.
Comezamos o mes de xuño e as tres últimas semanas deste curso tan excepcional.
É posible que o paso do tempo e os días de sol e calor fagan que nos sintamos con menos forza para continuar con ánimos.
Por iso, é importante recuperar as forzas e facer un último esforzo para manter o ritmo o mellor que se poida, dependendo das circunstancias persoais.
É posible que teñamos que facer unha revisión das rutinas fixadas en función dos cambios que se puideran dar no ámbito familiar: incorporación ao traballo, tempos de saída, motivación e interese ...
Así, pode ser recomendable revisalas para adaptalas á nova situación se é o caso.
Pode ser preciso tamén cambiar o momento de traballo, en función de cando podemos prestarlles aos nenos e nenas axuda. Na medida do posible, convén potenciar o traballo autónomo, o que repercutirá tamén nun mellor autoconcepto. Podemos facer previamente unha autoavaliación do tempo en corentena a partir da Diana do Arco da vella que propón Cintia Rodríguez.
Nunha entrada anterior dedicada ao esforzo podedes atopar pautas para favorecelo. Seguro, que todo vai ir ben!!
Para axudarnos, Eva Solaz completa a 10ª semana do programa RETO (respecto, empatía e tolerancia) para este tempo de confinamento propoñendo para cada día un conto e unha sesión de relaxación. Boa semana!
Unha árbore formada polas palabras que desde o 14 de abril serviron de "inspiración" para 31 entradas do blog neste tempo de confinamento.
Quedará á dereita da páxina do blog de recordo.
Deixámosvos un padlet con todas as entradas e animámosvos a facer a vosa propia árbore coas palabras máis significativas para vós neste tempo de confinamento, que estamos abandonando pouco a pouco .
Nalgún momento do confinamento, persoal sanitario, policías e traballadorxs de supermercados pediron menos aplausos e máis empatía, ante algunha conduta puntual de rexeitamento ante ese persoal ao que a maioría agradeciamos a súa labor.
A empatía é a capacidade que nos permite observar o que outra persoa sente; poñernos nos seus zapatos.
Implica ser receptivo ante as emocións das persoas que nos rodean e ter a capacidade de identificalas a través dos xestos e palabras; implica comprender o que outra persoa sente e apreciar a situación sen xulgar ao implicado/a. E vai máis alá, xa que conleva a propia sensibilidade en relación con esas emocións.
Imaxe da empatía do libro Amar da editorial Palabras Aladas ao tedes acceso nesta ligazón.
Neste enlace tedes propostas de actividades sobre a lámina e aquí as solucións.
Pero, por que queremos nenos e nenas empáticxs?
Se os nenos e as nenas son empáticxs, convertiranse en adultos empáticos, que é o que necesitamos, persoas que se poidan poñer no lugar doutra, sentir o que senten e querer axudar.
A nivel escolar, a empatía favorece a convivencia e é básica na prevención do acoso escolar.
Como podemos fomentar a empatía?
Dando exemplo.
Escoitando; dando importancia ao que contan.
Prestando atención aos seus sentimentos sen xulgalos.
Aceptando que cada persoa ten as súas propias emociòns e sentimentos.
Expresando os propios sentimentos.
Atendendo as súas emocións.
Falando e comentando situacións que vemos, lemos, escoitamos... aproventándoas para fomentar a empatía.
No seguinte libro recóllense ideas e propostas para traballar a empatía na corentena, xa relaxada, e en calquera momento.
Sempre soubemos da importancia da ciencia, pero nestes tempos, máis que nunca estamos pendentes dos avances científicos para poder superar a crise sanitaria producida pola COVID-19.
É importante fomentar a ciencia en nenas e nenos pois axuda a crear pensamento crítico, fomenta a análise e a capacidade de resolución de problemas, e a longo prazo aseguramos un interese polo coñecemento e posiblemente por unha carreira exitosa.
Pero, como podemos facer por ensinar e fomentar o gusto pola ciencia?
Promovendo o descubrimento, a creatividade e a innovación.
Procurar que o descubrimento xenere pracer.
Fomentádoo en neno e nenas, a elas tamén lles gusta explorar, coñecer, experimentar e analizar. Premendo na imaxe descubriredes 15 experimentos para facer na casa.
Relacionando ciencia e tecnoloxía cos elementos positivos e tamén ensinando sobre os seus riscos.
Ensinando que a ciencia está presente na matemática, na historia, na literatura, na economía, na política e nos valores morais. Premede na imaxe para acceder a materiais de ciencia en galego.
Creando curiosidade sobre o deseño e a creación de obxectos, como coidar as cousas e o coñecemento sobre a saúde humana.
Permitindo realizar algunha actividade práctica todas as semanas (cociña, experimento, xogo...), experimentando.
Dando espazo para razoar por si mesmxs, sen limitar nin condicionar a liña de pensamento.
Visitando museos e feiras de ciencia. Aínda que os museos xa están comezando a abrir, deixámosvos estes enlaces para realizar visitas virtuais.
O período de confinamento provocou que todos utilizásemos e utilicemos as pantallas (televisión, móbiles, tabletas, ordenadores e videoxogos) moito máis tempo do habitual e do recomendable.
A desescalada na que estamos permitirá ter opción doutras actividades ao aire libre, desconectar das pantallas e relaxar a vista.
Aínda así, no que queda de curso teremos que facer uso delas, polo que recollemos unha serie de recomendacións para unha utilización eficaz:
Seleccionando programas educativos de calidade en función da idade dos nenos e nenas.
Utilizando, se é posible, o dispositivo de forma conxunta. Hai evidencias de que o tempo compartido mirando as pantallas favorece a aprendizaxe de novas palabras e permítenos dirixir a atención cara a un contido específico, falando sobre o que se ve ou reforzando algo relacionado coa vida diaria.
Evitando ter unha actitude inflexible no uso de pantallas. No seu lugar podemos transmitir que é saudable e que non.
Se é preciso, usándoas para manter contacto coa familia e amizades. Esta é unha forma saudable de utilizar as pantallas en todas as idades.
Combinando estas actividades con outras sen pantallas (pasear, xogar, falar, ler, correr...); estas últimas axudarán a manter a saúde mental e física.
Ensinando hábitos saudables cos dispositivos: establecendo tempos de descanso mediático e propoñendo espazos sen dispostivos, incluso para nós mesmos.
Dando exemplo.
Axudando a ser críticos/as e coñecer mellor os recursos de internet.
Aínda así, psicólogos sinalan que as tecnoloxías tiveron puntos positivos durante o confinamento:
Entretiveron (deporte, series, xogos...)
Permitiron que mantivésemos contacto cos demais.
Foron e son unha ferramenta moi importante a nivel educativo.
A nivel de saúde, o abuso de pantallas ten os seus efectos: poden provocar problemas de conciliación de sono, debido á exposición da luz azulada e a alteración na secreción da melatonina; favorecen o autoillamento social e producen irritabilidade.
Un uso excesivo de pantallas pode levar tamén a un aumento da miopía nos xoves e a unha idade máis temperá.
Así, convén:
Fixar un horario en función da idade. A Asociación Americana de Pediatría (APP) en 2018 deu estas recomendacións de uso de pantallas ao día segundo a idade:
ATA OS 18 MESES, CONVÉN EVITAR A EXPOSICIÓN.
DE 2 A 5 ANOS, LIMITAR O USO ENTRE MEDIA HORA E UNHA HORA AO DÍA.
DE 5 A 12 ANOS, É NECESARIO ACOMPAÑAR E SUPERVISARS SEMPRE, PODENDO ESTAR ENTRE UNHA HORA E HORA E MEDIA AO DÍA.
NA ADOLESCENCIA, A NOSA LABOR É MÁIS DE GUÍA E EDUCAR NO USO RESPONSABLE E SAUDABLE DAS TECONOLOXÍAS.
Non expoñerse a elas dúas antes de deitarse.
Descansar cada certo tempo e acordarse de mover as pálpebras de forma voluntaria, xa que a exposición ás pantallas produce unha gran sequidade ocular porque inconscientemente diminúense os movementos reflexos das pálpebras..
Nos seguintes enlaces podedes atopar información de interese:
Creade un plan para o consumo de medios da familia (Asociación americana de Pediatría). Premendo no enlace podedes deseñar un plan de uso das TIC personalizado.
Mediación parental (Internet Segura 4 Kids): nesta páxina atoparedes recomendacións específicas para o acompañamento de menores no uso das TICs por idades.
Estes son algúns recursos para reducir a exposición ás TIC e ocupar o tempo noutras actividades.. Premendo nalgunhas palabras accededes a entradas anteriores do blog.
Comezamos a 4ª e última semana do mes de maio, cumpridos xa 70 días na situación de confinamento á que nos levou o coronavirus e de cheo na fase 2 da desescalada. Estamos rodeados de números.
Na entrada de hoxe imos propoñervos distintos recursos para desenvolver o gusto polos números, pola lóxica, polo razoamento e para fortalecer o talento matemático.
CONSTRÚE O TEU PROPIO TRANGRAM
Na páxina tocamates.com atoparás moitas máis propostas que unen matemática e creatividade. Preme na imaxe para saber como podedes construír un tangram.
O APARCADOIRO
No blog nosolojuegos.blogspot encontramos centos de xogos de lóxica como o do aparacadoiro. Conseguirás sacar o coche negro co menor número de movementos posibles dos outros coches aparcados?
Na mesma páxina tamén nos propoñen este con MISTOS.
Cambiando só de posición tres mistos, temos que conseguir tres cadrados de igual tamaño, de forma que cada misto forme parte dalgún dos cadrados. Animádevos!
Un reo está flanqueado por 4 soldados a cada lado. Debido á súa alta perigosidade, un cabo decidiu reforzar a vixilancia en cada lado, pero non tivo que pedir reforzos. Conseguiuno cambiando de posición só a catro soldados que o vixiaban. Como o fixo?
Neste libro propóñennos 75 xogos de lóxica coa súa solución nun clic. Premede na imaxe para poder descargalo.
ROMBICOSIDODECAEDRO
En matematicasdivertidas.com invítanos a facer un balón coas cartas dunha baralla, seredes capaces? seguro que si!
-¿Qué te cuentas?– Que tengo que hacer estas cuentas. – Lo que tú tienes es cuento. – Vaya, perdí la cuenta al hablar. – Me aburro de tanto contar. – Pues cuenta un cuento. – Conmigo no cuentes. – Entonces, cuenta estos versos. – Déjame ver… así son nueve. – Al llegar a diez está completo.
Moitas poesías con números sérvennos para BOTAR A SORTES, coma esta que encontramos en orellapendella.gal, na que hai moitas máis.
Nun café rifaron un gato, un, dous, tres e catro. Un, dous e tres, zapatiño inglés. A ver a quen lle toca o número catro.
En aprendiendomatematicas.com podemos descubrir moitas actividades de cálculo, lóxica, xeometría, información sobre a historia das matemáticas e moitos libros e contos que as teñen de base.
Seleccionamos estes:
Nestes libros recóllese a biografía de mulleres relevantes nas ciencias e nas matemáticas, e se temos que destacar a unha escollemos a María Wonenburger, nada en Oleiros en 1927. Preme na imaxe para acceder á unidade didáctica sobre ela se queres afondar na súa biografía.
Durante todo o tempo de confinamento seguramente que o salón da casa foi un espazo multiusos, transformándoo por momentos en ximnasio, sala de xogos, cine, teatro, laboratorio e moitas cousas máis.
Estamos no proceso de "desescalada" e esperemos que a partir do próximo luns entremos na fase 2, pero debemos seguir coidándonos e respectando as normas que nos fixan para protexernos e continuar avanzando.
Hoxe aportamos algúns recursos para informar e formar neste proceso.
Nesta historia con pictogramas explícase o que se pode ir facendo en cada unha das fases da desescalada. Podedes descargala aquí.
Na desescalada convén seguir coidando a parte emocional para evitar que as emocións queden confinadas. Nesta guía de Vanesa Bielsa atoparedes reucursos para expresalas de forma saudable e divertida.
Aínda que o normal é que as pequenas ou grandes xenreiras vaian a menos ao poder saír e cada vez durante máis tempo, deixámosvos estas pautas de como abordalas pensadas para os nenos e nenas con TEA pero que son aplicables coas adaptacións precisas á todxs.
Premendo na imaxe, podedes acceder a unhas pautas que nos fai a psicóloga Teresa Reigosa para atender o malhumor, vía aulasgalegas.
Desde hoxe, amáscara é obrigatoriapara todas as persoasmaiores de 6 anos, recomendándose, ademais, o seu uso para as nenas e nenos de entre 3 e 5 anos, na vía pública, espazos ao aire libre e espazos fechados de uso públicoou que estean abertos ao público, sempre que non sexa posible manter a distancia mínima interpersoal de 2 metros.
Ademais, non será obrigatoria a súa utilización para aquelas persoas con dificultades respiratoriasque poidan verse incrementadas co seu uso e para aquelas que pola súa situación de discapacidade ou dependencia presenten alteracións de conduta que faga inviable a súa utilización. Así, no estarían obrigadas as personas que sufran asma, alerxia, ansiedade, trastornos do espectro autista ou demencias, entre outras doenzas.
Compartimos este vídeo do Salón Virtual do Libro de Pontevedra onde se nos fai unha proposta creativa con elas que apode axudar a motivar cara ao seu uso.
Algunhas estratexias que poden axudar a que os nenos e nenas leven máscaras son:
Explicar a necesidade do seu uso dunha forma clara e apropiada á súa idade. Os contos sobre o coronavirus ou presentacións como a primeira desta entrada poden axudar.
Dar tempo a que se familiaricen con elas: practicar o uso, explicar como poñela e como sacala.
Animar, como no vídeo, a decorala e personalizala dependendo do tipo que sexa.
Introducilas nos xogos: xogar a médicxs ou enfermeirxs; facer teatro.