Amosando publicacións coa etiqueta BOLSAS MEC ACNEAE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BOLSAS MEC ACNEAE. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de maio de 2022

BOLSAS ANEAE MEC

O día 18 de maio de 2022 publicouse a convocatoria para solicitar axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Neste enlace pódese acceder á convocatoria e obter información resumida nesta ligazón.

Poderán pedirse desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.


As axudas para o curso 2022/2023 están dirixidas a persoas que presenten unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións: discapacidade, Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe; Trastorno do espector autista e altas capacidades.

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet neste enderezo ,  imprimir o formulario en formato pdf e presentalo no centro no que se vaian seguir estudos no curso 2022/2023.

venres, 10 de setembro de 2021

AXUDAS MEC PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Está aberto o prazo para a solicitude de axudas do Ministerio de Educación e Ciencia para o Alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Na ligazón accédese a toda a información e á páxina desde hai que realizar a solicitude.

O prazo de entrega da solicitude no centro educativo é o 30 de setembro.


mércores, 12 de agosto de 2020

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de publicar a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a algunha destas situacións: discapacidade, trastorno grave de conduta, trastorno do espectro autista e altas capacidades.

O prazo para solicitalas é desde o 9 de agosto ao 30 de setembro de 2020.

Toda a información premendo na imaxe ou neste enlace.

Colegio Agustinas Valladolid – Ayudas para alumnado con ...

luns, 12 de agosto de 2019

BOLSAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación vén de abrir o día 28 de xullo o prazo de presentación de solicitudes das bolsas e axudas  para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta, así como alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

O prazo para presentalas remata o 26 de setembro de 2019.

Máis información e acceso ao servizo online premendo na imaxe.

Resultado de imaxes para bolsas mec alumnado con necesidade

luns, 3 de setembro de 2018

BOLSAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO



Desde o día 15 de agosto e ata o 27 de decembro de 2018, está aberto o prazo de presentación de solicitudes das bolsas e axudas do Ministerio de Educación para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta, así como alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Máis información e acceso ao servizo online premendo na imaxe.

Resultado de imagen de bolsas mec alumnado necesidades

xoves, 17 de agosto de 2017

BOLSAS MEC ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Desde o 13 de agosto ata o 28 de setembro de 2017 está aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Están destinadas a alumnado escolarizado en centros educativos que acrediten a necesidade específica de recibir apoio educativo e reúnan os requisitos establecidos.

Recóllense dúas modalidades:
- Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivadade discapacidade ou trastorno grave de conduta.
- Axudas para programas complementarios a alumando con necesidade específica de apoio educativo asociadas a altas capacidades.

Na páxina web do MECD pódese acceder a toda a información completa das axudas.
Preme a imaxe.


Resultado de imagen de BOLSAS MEC