Amosando publicacións coa etiqueta CONVIVENCIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONVIVENCIA. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de outubro de 2021

ALERTA ESCOLAR!!!

Alerta escolar é un programa da Consellería de Educación en convenio coa Fundación 061 para dar a menores entres 0-16 anos a atención sanitaria inmediata e eficaz que precisan debido a patoloxías crónicas que padecen, como epilepsia, alerxias ou diabetes.

Pero estes días a ALERTA ESCOLAR veu dada por novas publicadas en distintos medios de comunicación:




Noticias que poderiamos situar tamén no noso centro, pois xa chegou á Nós!

Nesta semana...

- Rapaces "xogan" no patio ao "Jugaremos, muévete luz verde", "disparando" coas mans en posición de pistola ao que collían movéndose.

- Nenos e nenas comentan que ven a serie, ás veces acompañados de pais ou nais.

- Nenos/as din que acceden a vídeos de youtube sobre a serie.



A serie en cuestión, como figura na plataforma que a emite, está recomendada para maiores de 16 anos por conter escenas que poden producir medo, conteñen violencia, sexo, espidos, suicidios e palabras malsoantes.



Convén recordar que os nenos e as nenas aprenden por imitación e aínda non teñen desenvolto o pensamento crítico para diferenciar realidade e ficción.


PARA REFLEXIONAR


Pode ter relación o visionado deste tipo de series ou o acceso a videoxogos similares con estoutro tipo de noticias?






E como o saber non ocupa lugar ... 



Aínda que con outro motivo, seguimos promocionando o cancelo  

                                                            #sentidiño

sábado, 11 de maio de 2019

USO SEGURO DAS REDES E INTERNET



Resultado de imaxes para internet segura



Recollemos nesta entrada distintos recursos para reforzar co alumnado e cos nosos fillos e fillas o uso seguro das redes sociais, internet e a participación en xogos en rede.

Disfrutar de internet ... sen caer na rede (5º-º6 EP): Guía: “Ventás. Unha aventura real nun mundo virtual”

Como o teléfonoi móbil usar  ... sen que te  acusen de abusar (5º-º6 EP)Guía: “Con moito tacto. Cando as tecnoloxías so nunha gran axuda”


Vídeos para traballar co alumnado: Lista de reprodución de youtube realizada por M José Piñeiro con 16 vídeos

Premendo na imaxe accédese á páxina de SeguKids con información e recursos para docentes, familias e rapazada.





Guias para familias

Resultado de imaxes para internet segura as familias












martes, 2 de abril de 2019

CUESTIONARIO CONVIVENCIA FAMILIAS

Premendo na imaxe podedes acceder ao cuestionario ás familias sobre a convivencia do centro, co obxectivo de coñecer a vosa opinión e tela en conta para elaborar o Plan de Convivencia.

Poden cubrir o cuestionario as dúas persoas proxenitoras ou titores/as legais de cada un dos alumnos e das alumnas do centro.

Estará habilitado ata o venres 12 de abril.


Moitas grazas pola colaboración.