Alerta escolar é un programa da Consellería de Educación en convenio coa Fundación 061 para dar a menores entres 0-16 anos a atención sanitaria inmediata e eficaz que precisan debido a patoloxías crónicas que padecen, como epilepsia, alerxias ou diabetes.
Pero estes días a ALERTA ESCOLAR veu dada por novas publicadas en distintos medios de comunicación:
Noticias que poderiamos situar tamén no noso centro, pois xa chegou á Nós!
Nesta semana...
- Rapaces "xogan" no patio ao "Jugaremos, muévete luz verde", "disparando" coas mans en posición de pistola ao que collían movéndose.
- Nenos e nenas comentan que ven a serie, ás veces acompañados de pais ou nais.
- Nenos/as din que acceden a vídeos de youtube sobre a serie.
A serie en cuestión, como figura na plataforma que a emite, está recomendada para maiores de 16 anos por conter escenas que poden producir medo, conteñen violencia, sexo, espidos, suicidios e palabras malsoantes.
Convén recordar que os nenos e as nenas aprenden por imitación e aínda non teñen desenvolto o pensamento crítico para diferenciar realidade e ficción.
PARA REFLEXIONAR
Pode ter relación o visionado deste tipo de series ou o acceso a videoxogos similares con estoutro tipo de noticias?
Ningún comentario:
Publicar un comentario