Amosando publicacións coa etiqueta DIVERSIDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DIVERSIDADE. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de maio de 2022

ORGULLO DA MIÑA FAMILIA

 15 DE MAIO _ DÍA DA FAMILIA


Coincidindo que o 15 de maio se celebra o Día da familia, o noso PDI : Orgullo de min, orgullo de nós, dedica este mes ao ORGULLO DA MIÑA FAMILIA.

Deixamos uns recursos para poder reflexionar co alumnado sobre a importancia da familia e do respecto a toda a diversidade de familias que existen.

-       Guías:

a)    Familias de colores (contén unidades didácticas con actividades)

Enlace a recursos da guía. Contén un modelo de casa na que debuxar as familias do grupo clase.

b)    Herramientas para docentes EI - EP (páxinas 28 – 34 _ Mi familia)

c)    Son familias. Guía con actividades para cada nivel de EI e EP.

d)    Guía didáctica Somos amor. Historias de familias diversas. Contén actividades para cada etapa.

-       Videocontos:

a)    “Unha chea de familias”

b)    “Mi familia es especial”

c)    “Un puñado de botones”

d)    “El libro de la familia”

e)    “La mejor familia del mundo” (acollida – adopción)

f)     “Ana y los patos” (familia 2 nais)

g)    “Cho Li y el tesoro más valioso del mundo” (familia 2 pais)

h)    “Paula tiene dos mamás”

-       Cancións:

a)           “La familia perfecta”

b)           “Todas las familias son diferentes”

c)           Familia _ Funambulista

-       Vídeos:

a)    Tipos de familias

b)    Tipos de familias para nenxs




martes, 18 de xaneiro de 2022

ORGULLO DAS NOSAS CAPACIDADES

No noso PDI: "Orgullo de nós, orgullo de min",o mes de decembro estivo dedicado ao

ORGULLO DAS NOSAS CAPACIDADES

coincidindo co 3 de decembo: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON (DIS)CAPACIDADE

En E. Infantil e nos primeiros cursos de E. Primaria traballamos a partir do conto "Supenenxs" 


e doutros moitos que nos axudaron a descubrir as nosas capacidades e as dos demais.


Na aula virtual do DO podes acceder a vídeos de contos sobre a temática.

Durante o mes de decembro e ao longo do curso, estamos tendo actividades de sensibilización con distintas asociacións como ASPERGA, DOWN CORUÑA, ONCE, ANHIDA... que nos axudan a entendernos, a comprender e axudar a os demais.

Estas son algunhas imaxes da sensibilización realizada por profesionais da ONCE e de DOWN CORUÑA en EI.

sábado, 21 de marzo de 2020

SÁBADO 21 _ QUE PODEMOS FACER HOXE? CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN


Hoxe, 21 de marzo, propoñemos conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down.

Diversas campañas intentan concienciar e apostar pola inclusión e a diversidade, poñer en valor á diferenza e dar visibilidade á idea de que cada persoa é diferente, o que nos enriquece persoalmente e como sociedade.



QUE É A SÍNDROME DE DOWN?



CAMPAÑAS.  Únete a elas!!

Calcetíns desparellados: Como se recolle na páxina de DownGalicia, "Esta iniciativa ten a súa orixe no Reino Unido, onde Chloe Lennon, unha nena británica de 5 anos, publicou en 2018 un vídeo en redes sociais pedindo que, para conmemorar este día, todas as persoas levasen calcetíns distintos en cada pé. A súa proposta traspasou fronteiras e foi compartida por máis de 700.000 persoas"




Os/as verdadeiros/as influencers





Quen é quen? Retratádevos!!



Como debemos tratar ás persoas con Síndrome de Down ou discapacidade. Guía de estilo.


Para os maiores, relacionado co proxecto do centro dos Xogos olímpicos e Xapón, podes acceder aquí a noticias relacionadas con persoas con S de Down e deportes.

Dous contos para falar de diversidade.





Na páxina de DownMadrid, recollen unhas propostas do CEE María Isabel Zulueta para fomentar autonomía dos nenos e nenas nestes días que pasaremos na casa. Válidas para todxs!!

LEMOS 

Dela destacamos tamén:


martes, 11 de febreiro de 2020

TTRANSFORMANDO

TTRANSFORMANDO, páxina web elaborada por Rocío Hernández Zambrano con recursos para as distintas etapas educativas e as familias sobre identidade de xénero, diversidade afectivo-sexual, acoso escolar e coeducación.

Peme na imaxe para acceder.

Resultado de imaxes para: ttransformando

luns, 2 de decembro de 2019

domingo, 31 de marzo de 2019

2 de ABRIL - DÍA MUNDIAL DO AUTISMO



O día 2 de abril conmemórase o Día Mundial do Autismo coa finalidade de poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con autismo.

Para entender o autismo: PREME AQUÍ

Un xesto polo autismo

mércores, 20 de marzo de 2019

21 DE MARZO - DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN - A SORTE DE TERTE


Este ano a  campaña proposta polas asociacións de persoas con Síndrome de Down é #ASorteDeTerte.

Podes descargar a pegatina desde este enlace.

No noso colexio sumámonos!!


Deixamos outros materias e recursos para este día:
-       Unidade: Son especial
-     “Aquí jugamos todos”. Guía didáctica sensibilización EI
-     “De pies a cabeza”. Guía didáctica para EP e ESO
-     “Pepa hace deporte” Guía didáctica para 1º-2º EP
-     Recursos - CREENA



xoves, 30 de novembro de 2017