Amosando publicacións coa etiqueta TDAH. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TDAH. Amosar todas as publicacións

sábado, 26 de maio de 2018

GUÍA DE APOIO AO ESTUDO

As Fundacións INGADA e María José Jove veñen de publicar recentemente unha guía de apoio ao estudo para o alumnado con TDAH, pero tamén de moita utilidade para todo o alumnado en xeral.
Pódese descargar desde estas ligazón.

domingo, 8 de outubro de 2017

A INATENCIÓN

As condutas de desatención son cada vez máis frecuentes nos rapaces e nas rapazas. Este é un aspecto que preocupa tanto ás familias como ao profesorado, xa que a atención é unha das capacidades básicas que favorece un bo rendemento académico.

As súas manifestacións máis frecuentes son:

  • Dificultade en prestar atención suficiente aos detalles ou incorren en erros, por descoido, nas tarefas escolares, no traballo ou noutras actividades.
  • Con frecuencia cústalles manter a atención en tarefas ou actividades lúdicas.
  • A miúdo non escoitan cando se lles fala directamente e a súa mente parece que está noutro lugar.
  • Cústalles seguir as instrucións e non rematan as tarefas escolares, encargos e obrigas no ámbito do traballo escolar.
  • Dificultades para organizar as tarefas e as actividades.
  • Normalmente evitan ou resístense a realizar tarefas que requiren un esforzo mental continuado.
  • Adoitan extraviar obxectos necesarios para as tarefas ou actividades.
  • Distráense con estímulos irrelevantes.
  • Acostuman a ser descoidados nas actividades diarias.

Desde esta entrada pódese acceder a distintos documentos e guías con pautas para favorecer o desenvolvemento da capacidade da atención, así como unha serie de estratexias que podemos seguir como pais-nais e docentes, ao tempo que llas podemos proporcionar ao rapaces e rapazas para manexarse con éxito nas distintas actividades que realicen.

Algunhas das orientacións básicas que podemos seguir desde o ámbito familiar están:
  • Unificar criterios entre as persoas adultas da familia.
  • Fixar normas e límites: claros, poucos e ben definidos.
  • Ter unhas rutinas diarias fixas.
  • Servir de modelo de conduta reflexiva na realización de tarefas.
  • Ter un lugar de traballo fixo con todo o material que se precise no lugar correspondente.
  • Fragmentar as actividades a realizar.
  • Realizar unha actividade de cada momento. Evitar cambiar de actividade antes de rematar a anterior.
  • Intercalar tarefas de maior concentración con outras que exixan menos.
  • Habituar a usar a axenda escolar.
  • Reforzar todas as condutas positivas.
  • Desenvolver unha autoestima axeitada.
  • Limitar o tempo de uso de pantallas.
  • Favorecer a realización de actividades ao aire libre e con iguais.
  • Coordinarse co profesorado do centro.

Como traballar a atención dos nosos fillos e fillas?


Acceso ao recompilatorio de Orientación Condesa sobre TDAH, con guías para as familias e o profesorado.