Amosando publicacións coa etiqueta TEA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEA. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de setembro de 2021

UN NENO CON TEA NA MIÑA CLASE

 O Servizo de Atención Temperá de Burgos elaborou un breve documento que recolle as características e as necesidades educativas principais dos nenos e nenas con Trastorno de Espectro Autista, ademais unha serie de estratexias e pautas para poder incorporar en educación infantil.




xoves, 2 de abril de 2020

2 DE ABRIL - DÍA DO AUTISMO

Desde 2007 e a proposta da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, os 2 de abril celébrase o Día Mudial de Concienciación sobre o Autismo.

A súa finalidade é poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con transtorno do espectro do autismo (TEA).

Este ano o lema elixido é "Podo aprender. Podo traballar", para poñer de relevancia que dúas das áreas fundamentais para a inclusión e para conseguir esa mellora da calidade de vida destas persoas, como de calquera outra, son: a educación e o emprego.

Federación Autismo Galicia को फोटो।

Os principais obxectivos desta campaña son:
  • Aumentar a concienciación sobre o autismo na sociedade e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluír e apoiar ás persoas con TEA.
  • Mellorar o acceso á educación e o emprego para este colectivo.
  • Conseguir o compromiso dxs representantes políticos para facer efectivos os dereitos das persoas con TEA nestes dous ámbitos principais.

COMO PODEMOS APOIAR A CAMPAÑA?
  1. Elixe unha ferramenta que represente unha das túas habilidades e suxéitaa coa man. Podes descargar algunhas aquí.
  2. Fai unha foto, un vídeo ou un gift sostendo ou usando a ferramenta.
  3. Compárteo nas túas redes sociais xunto co cancelo #DiaMundialAutismo
Tamén podes descargar os carteis, colorealos ou facer o teu propio. Animámosvos a pegalos nas ventás.


Deixámosvos tamén dúas guías con pautas e recursos para afrotar o illamento con persoas con TEA.

- Desde Autismo Sevilla: 10 pautas fundamentais para pasr tempo en casa co teu familiar con TEA.
Podedes acceder premendo na imaxe.


- Como afrontar o illamento en casa con menores con discapacidade e transtornos do desenvolvemento, da Dra. Ruth Candela Ramírez. Pdf aqui.


luns, 23 de marzo de 2020

INSTRUCIÓN 19 DE MARZO DE 2020

O 19 de marzo de 2020 o Ministerio de Sanidade publicou unha instrución que permite ás persoas con discapacidade, que teñan alteracións condutuais, como por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado pola situación de confinamento derivada da declaración do estado de alarma, e a un a compañante, a circular polas vías de uso público, sempre e cando se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio.

Resultado de imaxes para: AUTISMO

Aínda que a norma non establece nada ao respecto, Autismo España recomenda para xustificar esa necesidade que a persoa leve consigo esta documentación:
  • Certificado oficial de recoñecemento de Discapacidade, no caso de tela recoñecida.
  • Prescripción de profesionais sanitarios ou sociais, no caso de dispor del.
  • Copia da Instrución de 19 de marzo de 2020. Acceso aquí.
  • Informes médicos, psicolóxicos ou sociais complementarios nos que se describan as necesidades individuais e/ou a existencia de dificultades condutuais, no caso de dispor deles.


sábado, 5 de outubro de 2019

ATOPA - CONVIVENCIA ESCOLAR

A web ATOPA é un proxecto da Asociación Teavi que pretende servir de axuda na atención a alumnado diagnosticado con TEA, mediante a utilización de instrumentos sociométricos (pendentes de publicar) e con propostas de intervención en función dos resultados, organizados por etapas educativas, coa finalidade previr situacións de rexeitamento e illamento que pida ter ese alumnado.

Resultado de imaxes para atopa convivencia

Na páxina xa se pode acceder ás propostas de intervención, así como a unha guía que explica a base teórica sobre as probas sociométricas e a súa interpretación.

Nas propostas de intervención, recóllense dinámicas, vídeos e publicacións para traballar a educación emocional e a educación en valores, ademais da cohesión do grupo a xestión da aula e a potenciación do traballo colaborativo e cooperativo.

Resultado de imaxes para atopa convivencia

xoves, 4 de abril de 2019

NÓS ∞ AUTISMO


Para conmemorar o Día do Autismo, 2 de abril, ademais das actividades realizadas nas titorías, elaboramos o símbolo do infinito, proposto este ano polas asociacións de persoas con autismo para darlles visibilidade, entre todo o alumnado do centro.




           Materiais traballar respecto á diversidade
Autismo
-       Conto “Dicen de él” (pdf)
Unidade


domingo, 31 de marzo de 2019

2 de ABRIL - DÍA MUNDIAL DO AUTISMO



O día 2 de abril conmemórase o Día Mundial do Autismo coa finalidade de poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con autismo.

Para entender o autismo: PREME AQUÍ

Un xesto polo autismo

sábado, 31 de marzo de 2018

2 ABRIL - DÍA MUNDIAL DO AUTISMO


Resultado de imagen de rompamos xuntos barreiras polo autismo




Para saber máis:

Preme na imaxe para acceder aos capítulos do programa "La aventura del saber " de La2 sobre TEA

Resultado de imagen de aventura del saber tea


Ligazón á Asociación Navarra de Autismo con múltiples recursos.

Resultado de imagen de autismo navarra