venres, 17 de xuño de 2022

CAMPAÑA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 Durante o mes de maio o alumnado de 5º e 6º realizou unha magnífica campaña en contra o acoso escolar nos demais grupos de educación primaria.


Estes son algúns dos materiais que elaboraron.

Parabéns!








domingo, 12 de xuño de 2022

DIA NACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

O próximo 14 de xuño celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.

O lema deste ano é ...

"LIBRES PARA ELIXIR, LIBRES PARA SIGNAR"


No centro conmemorarémolo cantando cancións en LSE no tempo de lectura co alumnado de 1º, 2º e 4º de Educación Primaria.

Neste enlace podes aprender a signar a palabra: LIBRE

ORGULLO DOS MEUS SENTIMENTOS

 28 XUÑO - DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTB



Dentro do PDI Orgullo de Nós, Orgullo de min, o mes de xuño está dedicado ao ...

ORGULLO DOS MEUS SENTIMENTOS.

Estas son algunhas guías con actividades, contos, material audiovisual e outros recursos para traballar co alumnado:

  • Arcoiris”: contén propostas para Escolas infantís, 2º Ciclo EI, EP e ESO.
  • PROXECTO DIVERSIDADE SEXUAL E NOVAS FAMILIAS (ALDARTE)

  •  Pluraleando” – contén actividades para o 2º e 3º Ciclos.

xoves, 19 de maio de 2022

BOLSAS ANEAE MEC

O día 18 de maio de 2022 publicouse a convocatoria para solicitar axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Neste enlace pódese acceder á convocatoria e obter información resumida nesta ligazón.

Poderán pedirse desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.


As axudas para o curso 2022/2023 están dirixidas a persoas que presenten unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións: discapacidade, Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe; Trastorno do espector autista e altas capacidades.

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet neste enderezo  imprimir o formulario en formato pdf e presentalo no centro no que se vaian seguir estudos no curso 2022/2023.