xoves, 19 de maio de 2022

BOLSAS ANEAE MEC

O día 18 de maio de 2022 publicouse a convocatoria para solicitar axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Neste enlace pódese acceder á convocatoria e obter información resumida nesta ligazón.

Poderán pedirse desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.


As axudas para o curso 2022/2023 están dirixidas a persoas que presenten unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións: discapacidade, Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe; Trastorno do espector autista e altas capacidades.

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet neste enderezo  imprimir o formulario en formato pdf e presentalo no centro no que se vaian seguir estudos no curso 2022/2023.

Ningún comentario:

Publicar un comentario