Sentimentos, vivencias... hoxe toca reflexionar sobre as aprendizaxes que adquirimos neste curso, que seguro que foron moitas.
Cando falamos de aprender, case sempre o asociamos con escola e co relacionado co currículo, mais sempre estamos aprendendo, en todas as situacións da vida.
E este curso foi moi diferente xa que os meses de convivencia na casa, especialmente o tempo de confinamento total, de seguro que nos serviu para aprender moitas cousas e pode que máis importantes que as que figuran nos papeis, sen quitarlles o seu valor:
convivir relacionarnos na distancia relaxarnos
aprender a usar a máscara lavar ben as mans
aprender a usar a máscara lavar ben as mans
ioga pintar facer pan
facer biscoito paciencia reflexionar tranquilizarnos
coñecernos mellor coñecer aos demais mellor valorar o importante
usar as TIC tocar un instrumento ler
Como podemos recoller todas esas aprendizaxes?
Ademais das ideas aportadas onte para as vivencias que tamén son válidas para as aprendizaxes, tamén podemos:
- Facer un cartel interactivo.
- Gravar unha mensaxe.
- Facer un álbum de fotografías ou imaxes.
- Elaborar un minilibro.
- Realizar un cartel coas TIC.
- ...
Esta reflexión servirá para darnos conta de que realmente foi un curso moi produtivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario