Onte comezamos con ideas para o peche do curso falando de sentimentos e hoxe faremos o mesmo coas vivencias.
Durante os case dez meses que durou o curso vivimos moitas experiencias, tanto nos meses coa clase presencial coma nestes últimos meses a distancia.
De seguro que as últimas quedarán máis gravadas pola excepcionalidade da situación.
Así pois, hoxe propoñemos lembrar aquelas experiencias máis significativas deste curso tanto na escola como na casa, positivas ou negativas... cada persoa elixe aquelas que desexe.
E que podemos facer?
- Elaborar unha liña do tempo deste curso.
- Facer un álbum con imaxes, fotos e/ou debuxos, escribindo ao redor delas frases ou anécdotas.
- Redactalas en forma de relato, conto...
- Debuxalas.
- Preparar un cartel con notas nas que escribamos as vivencias máis relevantes.
- Contalo e gravarte nun audio.
- ...
Sempre que queirades, pode ser un boa opción compartir o resultado cos compañeiros e compañeiras e coas titoras e titores.
Axudará a coñecernos máis e favorecer o sentimento de grupo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario