ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

mércores, 17 de xuño de 2020

PECHE DO CURSO (3) _ APRENDIZAXES

Sentimentos, vivencias... hoxe toca reflexionar sobre as aprendizaxes que adquirimos neste curso, que seguro que foron moitas.

Cando falamos de aprender, case sempre o asociamos con escola e co relacionado co currículo, mais sempre estamos aprendendo, en todas as situacións da vida.

E este curso foi moi diferente xa que os meses de convivencia na casa, especialmente o tempo de confinamento total, de seguro que nos serviu para aprender moitas cousas e pode que máis importantes que as que figuran nos papeis, sen quitarlles o seu valor:

convivir                relacionarnos na distancia                    relaxarnos   

aprender a usar a máscara                  lavar ben as mans       
         
ioga                      pintar                         facer pan          
   
facer biscoito                  paciencia                  reflexionar                    tranquilizarnos

coñecernos mellor               coñecer aos demais mellor                  valorar o importante

usar as TIC                         tocar un instrumento                        ler

Aprendizajes de la vida en cuarentena *que no debemos olvidar*

Como podemos recoller todas esas aprendizaxes?
Ademais das ideas aportadas onte para as vivencias que tamén son válidas para as aprendizaxes, tamén podemos:
  • Facer un cartel interactivo.

  • Gravar unha mensaxe.
  • Facer un álbum de fotografías ou imaxes.
  • Elaborar un minilibro.
  • Realizar un cartel coas TIC.
  • ...
Esta reflexión servirá para darnos conta de que realmente foi un curso moi produtivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario