As axuda están destinada ao alumnado de EP:
- 1º e 2º para adquirir libros de texto.
- 3º, 4º, 5º e 6º para participar no fondo solidario de libros de texto do centro educativo.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2019 para o alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoÑible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330B).
Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Ningún comentario:
Publicar un comentario