ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

mércores, 22 de maio de 2019

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/2020

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

 Resultado de imaxes para axudas libros texto

As axuda están destinada ao alumnado de EP:
- 1º e 2º para adquirir libros de texto.
- 3º, 4º, 5º e 6º para participar no fondo solidario de libros de texto do centro educativo.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2019 para o alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoÑible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330B). 

Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Ningún comentario:

Publicar un comentario