Maio é o mes das Letras, das letras con maiúscula, porque nel celébrase o Día das Letras Galegas, concretamente o día 17 de maio, xa que en tal día coma ese, en 1863 publicouse Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do Rexurdimento ou renacemento cultural galego.
Levamos moito falado de emocións a partir normalmente de contos ou de cancións.
Hoxe imos facelo tamén con cancións e con poesía, pois as dúas, poesía e emoción, van da man ao igual que a música.
A poesía potencia a creatividade, ensina vocabulario, fomenta o hábito da lectura e permite falar de emocións.
Invitámosvos a escoitar o poema "Rosalía pequeniña", escrito por Uxía Senlle e musicado por Magín Blanco, recollido no libro do mesmo nome dedicado a Rosalía de Castro e ilustrado por Marina Seoane.
- Como era Rosalía pequeniña?
- Que lle gustaba?
- Que palabras aparecen na poesía que sexan novas para vós ?
- Que vos transmite esta música?
- Como vos fai sentir? Aproveitade para relaxarvos.
Xogar coa poesía tamén é unha forma de fomentar o desenvolvemento da linguaxe nos nenos e nenas.
Axuda a:
- Verbalizar máis palabras.
- Desenvolver o vocabulario.
- Potenciar a concentración.
- Fomentar a imaxinación.
- Familiarizarse coas rimas e co ritmo da linguaxe oral.
- Crear interese polo mundo literario.
Convidámosvos a escoitar "Parece unha rosa", ilustrado por Isabel Pintado en Espiral Maior, que toma a primeira parte do poema "Vente rapasa" de Rosalía de Castro en "Cantares Gallegos".
Podedes falar sobre as poesías e intentar memorizar algunha.
E xa que estamos en maio, o mes das flores, podemos facer unha flor con papel.
E se vos animades, compartir unhas horas facendo un maio.
E se vos animades, compartir unhas horas facendo un maio.
A poesía de Rosalía foi moitas veces musicada. Roi Casal fíxoo coa primeira parte do poema "Meniña, ti a máis fermosa" de Rosalía de Castro tamén en Cantares Gallegos, baixo o título "Ninfa das frescas augas" no seu primeiro disco.
Que sensacións vos produce esta poesía acompañada do son da arpa?
Poderiamos practicar a relaxación da nube.
Que sensacións vos produce esta poesía acompañada do son da arpa?
Poderiamos practicar a relaxación da nube.
Co poema 16 de Cantares Gallegos, "Eu ben vin estar o moucho", Migallas deulle un ritmo distinto e nenos/as doutro centro ilustraron.
Pensade no que vos transmiten esta poesía e esta canción.
Intentade tamén facer a vosa propia ilustración despois de escoitala. Podedes facer o mesmo con algunha das anteriores e observar se hai algunha diferenza nos debuxos feitos e nas cores utilizadas.
O debuxo é unha magnífica vía de expresión de sentimentos.
Podemos aproveitar para falar do medo e das estratexias que podemos seguir para canalizalo. Estas son algunhas: falar, analizar a situación xutnos, buscar/dar apoio e seguridade, respirar produndamente, pensar en cousas agradables, debuxalo e gardalo nunha caixa).
A mesma poesía foi versionada por alumnado do IES Rosalía a ritmo de RAP.
Que sensacións produce este ritmo?
Poderiades transformar as primeiras poesías nun RAP? Adiante!
Aquí vos deixamos para intentar reproducir ou versionar un moucho feito con rollas e pauíños.
Ela escribía e trasladaba os seus sentimentos a través da poesía.
Que podemos facer nós cando estamos tristes? A pensar...
Ningún comentario:
Publicar un comentario