Remata o trimestre nunhas circunstancias excepcionais. Durante as últimas tres semanas intentamos ir facéndovos propostas, dándovos pautas, ofrecendo recursos ... para intentar pasar a corentena do mellor xeito posible.
Ás portas dunha semana de descanso escolar, queremos propoñermos a visión dun vídeo no que o pensador, psicopedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci (Frato) nos dá oito sinxelas ideas para pasar o confinamento, pero que recollen unha importante filosofía de vida.
ESCOITAR AOS NENOS E ÁS NENAS, as súas opinións, os seus medos, as súas preocupacións, as súas emocións, as ...
APROVEITAR A CASA COMO TALLER
FACER COUSAS XUNTOS
VER A COCIÑA COMO UN TALLER DE CIENCIA
RECONSTRUÍR A HISTORIA PERSOAL
A TRAVÉS DAS FOTOS
LER O PERIÓDICO (curiosidades, crónicas...)
FACER UN DIARIO
LER UN LIBRO
DESEXAMOS QUE PASEDES UNHA MOI BOA SEMANA E CON MOITA SAÚDE.
ÁNIMO!!
Grazas por todo o que estades a facer! un bico grande!
ResponderEliminarGrazas a vós. Unha aperta!
ResponderEliminar