Se recordades, os primeiros días falabamos moito da importancia de ter unha rutinas fixadas, sobre todo de luns a venres.
Axudan a ter un tempo para cada cousa, ter planificada a xornada e facilitan que nos sintamos mellor.COLABORAMOS NAS TAREFAS DA CASA
Unha desas rutinas convén que estea relacionada coas tarefas domésticas, de xeito que cada membro da familia poida colaborar en función da súa idade.
Ter a casa ordenada, a sensación de orde físico predisponnos á orde mental. Ademais se somos conscientes do esforzo que supón, tamén lle daremos un maior valor e contribuiremos a reducir desorde e sucidade.
Na seguinte táboa Montessori podedes ver as tarefas que poden facer os nenos e nenas en función da súa idade.
FALAMOS SOBRE A IGUALDADE
Co reparto das tarefas domésticas favorecemos o respecto e a igualdade entre homes e mulleres. Propoñémosvos a lectura do libro Os bolechas pola igualdade e falar sobre el.
Podedes descargalo premendo no título.
ACOMPAÑÁMONOS
Nestes días é moi importante que nos sirvamos de apoio entre todos os membros da familia para sentirnos ben emocionalmente, algo do que levamos moito falado, e que ten gran relevancia na situación de confinamento que vivimos.
Premendo na imaxe podedes acceder á GUÍA DE ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL elaborada pola psicóloga Estela Mediavilla e que recolle dunha forma clara pautas para acompañar aos nosos fillos e fillas nestes tempos.
Vía Orientación Condesa
COCIÑAMOS EN FAMILIA
Unha das mellores actividades que podemos facer en familia é a de cociñar. Desde a páxina de ASPANAES, deixámosvos estas tres receitas.
Premendo no nome da receita podedes descargar o pdf.MOUSSE DE CHOCOLATE
XOGAMOS NA CASA
Na páxina de #yojuegoencasa podedes acceder a xogos moi divertidos para facer na casa en familia. Só tedes que iniciar sesión co voso correo dun xeito gratuíto para velos.
Animádevos!!
E COMO É VENRES ... IMOS AO CIRCO EN FAMILIA
Hoxe ás 8 da tarde invitámosvos a un novo espectáculo do Cirque du Soleil.
Preme na imaxe para entrar. Desfrutade!!
Esperamos que teñades unha boa fin de semana chea de saúde.!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario