A escola volve abrir, aínda que sexa a través de internet.
Despois dunha semana de descanso retomamos a rutina para seguir aprendendo.
Podemos comezar revisando o noso horario, valorar como funcionaba e cambiar o que sexa preciso.
Mais creo que hai tamén que valorar o esforzo que supón para as nenas e os nenos, sobre todo se viven en pisos, pasar este tempo na casa sen poder saír ao exterior.
Só por iso son xa unhas heroínas e uns heroes.
Na pasada semana, grazas a colaboración de máis de 50 organizacións do sector humanitario, publicouse un conto para axudar aos nenos e nenas a comprender a pandemia de COVID 19 e aprender a desenvolverse nesta situaciòn.
Coa axuda dunha criatura fantástica, Ario, "Mi héroe eres tú: ¡Cómo pueden los niños luchar contra el COVID-19" escrito e ilustrado por Helen Patuck, explica como se poden protexer a si mesmos/as, ás súas familias e aos seus amigos/as do coronavirus e xestionar emocións difíciles cando se enfrontan a esta nova realidade.
O libro está destinado principalmente a nenos e nenas de 6 a 11 anos e a súa lectura debe facerse en compañía dun adulto, segundo as pautas recollidas na súa introdución.
Preme na imaxe para descargalo en pdf.
CREAMOS SERES FANTÁSTICOS
Animádevos a inventar un ser fantástico como Ario que vos gustaría que vos acompañase nunha viaxe especial. Podedes debuxalo, facelo con plastilina, con material de refugallo ...
Aquí podes encontrar moitas ideas.
PENSANDO NAS PERSOAS QUE NOS FAN SENTIR BEN
A protagonista da historia, Sara, e o seu amigo Salem, dinlle a Ario que se relaxan pensando en persoas que lles fan sentir ben: avós, avoas, familiares, amigos ...
Pensade nalgunha e facedelle un debuxo, unha carta, unha postal... e facédello chegar, seguro que lle gustará.
Eles viaxan polas nubes sobre as ás de Ario.
Viaxemos nós tamén coa mente e relaxémonos.
DESCUBRINDO NOVOS LUGARES
Ningún comentario:
Publicar un comentario