luns, 27 de abril de 2020

LUNS 27 _ NATUREZA

Comezamos unha nova semana!
Que tal o paseo de onte? Esperamos que ben.


E se a algún ou algunha de vós lle custou un pouco, pronto nos sentiremos seguros para poder saír con tranquilidade seguindo as recomendacións sanitarias.

Se tivestes oportunidade, seguro que desfrutastes do contacto coa natureza, co campo, coas árbores ... e que o valorastes aínda moito máis do que o faciamos antes do confinamento.
Aproveitade para falar das sensacións percibidas, do que sentimos, do que máis nos gustou ...

Por iso a entrada de hoxe vai dedicada... á natureza!

O coruñés Antonio Sandoval no conto "El árbol de la escuela", ilustrado por Emilio Urberuaga, fálanos da  fermosa relación entre un neno e unha árbore que naceu na súa escola.

Preme na imaxe para acceder a parte do conto.

El Árbol de la Escuela, de Antonio Sandoval y Emilio Urberuaga

Que se vos ocorre facer cunha semente tan extraordinaria como a que aparece no libro?

Descubre máis contos e libros para espertar a conciencia medioambiental  e sobre a natureza, para amala e protexela.

Neste enlace podedes acceder á guía "Verde que te leo verde" de literatura infantil e medio ambiente, con lecturas clasificadas por idades.

EFECTO CORONAVIRUS
O confinamento está tendo moitos efectos postivos sobre a natureza.
Sabíades que o Himalaya pode verse desde a India por primeira vez en 75 anos?


Na páxina de ADEGA explícannos os efectos do confinamento sobre a biodiversidade.



PARA REFLEXIONAR
Que hábitos podemos cambiar para mellorar o planeta?
Desde ADEGA fannos estas recomendacións en tempos de corentena.


E agora que nos recomendan usar mascarillas e luvas... sabes onde tiras os guantes?
Descúbreo!



COIDEMOS O NOSO PATRIMONIO NATURAL
Mamá Cabra recórdanolo cantando



XOGAMOS RECICLANDO
Un bo xeito de coidar o planeta é reciclando. Neste vídeo tedes algúns xogos que podemos facer con material de refugallo.



ACTIVIDADES NA NATUREZA
Premendo na imaxe podedes ver 100 actividades que podemos facer en contacto e respectando a natureza organizadas por idades.



MUSIQUEANDO CO CORPO
María recoméndanos esta semana un xogo de ritmo para desfrutar durante os paseos pola natureza.
Cal será?
Visitade o seu blog.


PASEO POLO LAGO DA CALMA
Xa de volta do paseo diario ou cando o precisemos, podemos pasear polo "Lago da calma" mediante este exercicio de meditación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario