Se premes aquí podes descargar unha guía da mesma fundación para a planificación diaria na situación de emerxencia COVID-19.
Vía monicadizorienta.blogspot
SUPERNENXS!
Nesta situación de emerxencia, todos os nenos e nenas, ao igual que os adultos, especialmente todo o persoal sanitario e doutros oficios que están traballando pola nosa saúde e benestar, son uns superheroes e superheroínas.
Relacionando isto coa diversidade, propoñemos este conto sobre o que podemos traballar o respecto á diversidade e destacar os puntos fortes individuais de cada persoa para minimizar os débiles.
A partir del podemos debuxar ou escribir as fortalezas de cada un. Incluso facer unha capa e decorala como fixo Iván para os seus amigos e amigas, con papel, unha tea ou unha camiseta que xa non usemos.
COCIÑAMOS
Hoxe propoñemos un biscoito de iogur.
MOVÉMONOS
O mestre César comparte con nós esta Oca de Educación Física elaborada por Claudio Jiménez para pasar un tempo divertido... na casa!!.
Podes descargala aquí.
Podes descargala aquí.
E despois de tanto movemento, rematamos... RELAXÁNDONOS.
Un método que podemos utilizar sempre que o precisemos.
Un método que podemos utilizar sempre que o precisemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario