Unha das que pode aparecer nalgún momento é a ansiedade, unha resposta de anticipación involuntaria fronte a estímulos que son percibidos como perigosos. Estes poden ser reais ou imaxinarios. A ansiedade permite que nos anticipemos para tomar medidas necesarias para enfrontar as ameazas, polo que en certo nivel pode ser positiva.
O problema xorde cando a ansiedade é moi alta, demasiado frecuente ou sobrepasa a nosa capacidade de adaptación. Neste caso pode ter repercusións físicas, emocionais ou cognitivas.
É importante identificar os síntomas, saber por que ocorren e tomar medidas para afrontalos.
De todo isto trata unha guía elaborada por un grupo de psicólogas nas que se ofrecen recomendacións para a poboación xeral e materiais/pautas específicas para diversos grupos específicos (familias e fillos/as, familias e fillos/as con discapacidade, persoas maiores e teletraballadores/as, entre outros)
Inclúe ademais materiais para o manexo da ansiedade, así como para a xestión dos pensamentos e da ansiedade.
Pódese descargar a guía en pdf aquí.
Vía orientateenperillo.blogspot
Ningún comentario:
Publicar un comentario