Adiante!!
Hoxe, ademais de recordar a importancia de seguir mantendo as rutinas e procurar ter parte do tempo ocupado (tamén podemos aburrirnos), imos dedicar esta entrada a algo moi importante para poder seguir mantendo un bo estado de ánimo: a atención ás emocións.
Esta atención terémola que prestar aos menores, pero tamén, e non menos importante, a nós mesmos como adultos, xa que esta situación esíxenos traballo extra, ademais de poder vivir algún momento de tensión e ansiedade, polo que debemos coidarnos o máximo posible.
É importante non marcarnos como pais e nais un nivel de esixencia demasiado alto. Somos iso, pais e nais, non mestres nin mestras, monitores tempo libre, psicólogos/as, asistentes sociais... aínda que ao longo dos días, e sobre todo destes, fagamos un pouco de todo iso e máis.
Recomendamos a lectura das Pautas para tempos de coronavirus publicadas por Natalia Longo no blog orienacióncondesa.
Os pasos básicos que poderiamos seguir para o coidado emocional son:
- IDENTIFICAR AS EMOCIÓNS. É importante recoñecer as emocións e explicar como te sentes. Os contos sempre son un bo aliado.
- NOMEAR AS EMOCIÓNS. Explica por que te sentes así, que o provoca.
Elaborar un diario de emocións visual, con fotografías ou escrito, en función da idade, pode servir de axuda para conseguir estes dous primeiros pasos.
Aquí podedes atopar máis propostas de actividades para recoñecer e nomear as emocións.
- AFRONTAR AS EMOCIÓNS. Busca alternativas ás emocións que nos afectan de forma negativa. Elaborar unha roda das emocións cando esteamos tranquilos e tranquilas para buscar alternativas para os malos momentos pode axudar. Vía clubpequeslectores.com.
Cos máis pequenos/as podemos facer unha botella da calma.
Nós podemos axudar falando, permitindo e fomentando a comunicación, así como practicar unha escoita activa.
DÚAS LECTURA RECOMEDADAS
Este libro, Así es la vida, de Ana-Luisa e Carmen Ramírez, pode axudar a reflexionar sobre a vida, sobre as cousas boas que nos aporta e outras situacións non tan boas, que podemos superar e afrontar, saíndo fortalecidos/as. Preme na imaxe. Vía orientacioncondesa.blogspot
María Coco, con ilustracións de Sara Ramírez, no conto Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa), explica de forma clara o que é o coranavirus e como evitar a propagación, ao tempo que axuda a comprender mellor esta situación. Preme na imaxe. Via orientacioncondesa.blogspot.

O CEREBRO TEN UNHA GRAN FACILIDADE PARA ADAPTARSE.
TEMOS UN GRAN ALIADO.
E RECORDA, NÓS... QUEDAMOS NA CASA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario