martes, 12 de novembro de 2019

INTERNET, PERIGO! Pautas para un uso axeitado

O próximo luns día 18 ás 17:30 horas, teremos na biblioteca do centro unha charla dentro da Escola de Nais e Pais para tratar pautas para un uso axeitado das novas tecnoloxías e as redes sociais.

Será impartida por membros da Garda Civil, dentro do Plan Director da Convivencia, no que participa o centro.

Esta charla é un complemento para as familias, despois de que o alumnado de 3º a 6º de EP tamén a teña para tratar o mesmo tema, aínda que está aberta a todas as do centro.

Realizarase coa colaboración da ANPA do centro, Nós Oleiros, polo que haberá un servizo para atender aos menores mentres asistades á reunión.

Agradeceriamos nos confirmásedes a asistencia para poder organizala do mellor xeito posible.
Contamos con vós!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario