venres, 24 de abril de 2020

VENRES 24 _ E SE NOS DÁ MEDO SAÍR Á RÚA?

Por fin imos poder saír á rúa!!

Despois de varias semanas na casa, a partir deste domingo os nenos e nenas volverán a pasear e a xogar fóra, aínda que con restricións.

Italia permite a los niños dar un paseo acompañados de un ...

Tras 6 semanas argumentando que non podiamos saír á rúa para non contaxiarnos ou evitar contaxiar a outras persoas, agora xa podemos, pero non ao colexio, nin ao parque.

O que se van encontrar os nenos e nenas vai ser algo "raro", unha "realidade diferente" en comparación coa que deixaron antes do confinamento: levamos mascarillas e guantes, temos que evitar tocar a outras persoas, hai que manter unha distancia de dous metros de separación...

Entón... se saímos, xa pasou o perigo?, por que podemos saír agora?, por que é todo tan complicado?, vaime pasar algo?

Estas e outras preguntas son as que poden facerse os nenos e nenas, sobre todo os/as de menor idade.
Incluso poden amosar certo medo a saír.

Por todo isto, é importante, dependendo de cada caso que preparemos a saída.
Neste vídeo danse unhas pautas.


Como podemos facelo?


A regra básica sempre é trasmitir a información real adaptándoa á idade para facilitar a comprensión.

Dar pauas claras e curtas nun momento en que o neno/a e nós esteamos tranquilos, repetindo as veces precisas fuxindo unha linguaxe complexa e alarmista.

Podemos retomar as explicacións iniciais sobre o coronavirus para diferencialo doutras enfermidades máis comúns, para que non o asocien con calquera malestar.
Os contos sempre son unha boa opción. Nesta entrada do blog tedes algún deles así como estratexias para afrontar o medo.

Explicar a necesidade de manter a distancia social para evitar contaxios, o que implica que non imos poder ter contacto cos amigos e coas amigas de forma directa.

Explicar que mentres os científicos e as científicas sigan investigando sobre o virus e como se contaxia, temos que utilizar mascarillas e luvas, seguir lavando as mans con frecuencia, manter a distancia dun ou dous metros e non ir a sitios con moita xente, xa que pode ser que algunha persoa puido pasar a enfermidade sen darse conta e pode contaxiar a outras.

Anticipar como van ser os paseos que deades e as precaucións que hai que tomar con naturalidae e tranquilidade

Preme na imaxe para acceder a outro vídeo con recomendacións.



Se nos din que non queren saír, prefiren quedar na casa ou non lles apetece, nun primeiro momento non debe preocuparnos, xa que o que ocorre é que aceptaron a situación actual. Os nenos e nenas adáptanse facilmente a novas situacións, tendo en conta ademais neste caso todo o traballo realizado polas familias explicando o que sucedeu e por que non había que saír da casa.

Agora se cremos ou detectamos que de base hai outros medos (a contaxiar, a contaxiarnos, a que o pai ou a nai se poñan enfermos, ou se preocupan polos avós e avoas), convén explicarlles de forma lóxica a situación, aclarando que o medo é algo normal, que todos podemos ter.

Neste caso convén:
  • transmitir tranquilidade.
  • facelo pouco a pouco se é preciso.
  • falar moito, intentar que exterioricen o que pensan o que lles ocorre. Recomèndase facelo de xeito indirecto pintando ou xogando.
  • falar de prácticas de risco, non de lugares nin de persoas de risco
  • aproveitar os paseos para rememorar bos momentos, correr, saltar , xogar... o que axudará a afrontar eses medos que poida haber.
Coronavirus: Italia permite a los niños dar un paseo con un progenitor

É importante que manteñamos a calma e a tranquilidade, porque os temores, se se dan, deberían remitir en pouco tempo se se seguen as pautas axeitadas cando saiamos.

É recomendable non evitar a situación, xa que pode reforzar o pensamento de medo. Hai que intentar normalizala. A exposición a ela é o principal.

Algunhas pautas son:
  • Preparar as expectativas. Explicar o que se vai poder e non poder facer, destacando as cousas positivas que se poderán facer: dar un paseo, saltar, correr, xogar, Podemos preguntar ao volver como están, para saber se volven encantados/as ou con certa frustración, ou facelo a partir doutras actividades como o debuxo ou o xogo.
  • Podemos practicar primeiro na casa como poñer as mascarillas se decidimos levalas, como limparnos as mans, quitarse os zapatos ao volver  da rúa, que coidados temos que ter mediante dramatizacións da situación se é necesario.Como en todo, convén que os adultos sexamos un bo modelo e vexan que non pasa nada. destacar o positivo.
  • A lectura dun conto sempre é unha boa axuda. A psicóloga Carmen Esteban por medio dun oso lambón axúdanos a entender o que e como debemos facer. Preme aquí para descargalo.

Estoutro, elaborado por María Corredentora, axúdanos a explicar aos nenos e ás nenas que continúan sendo superheroes e superheroínas contra o coronavirus tanto dentro da casa como fóra dela, agora que podemos saír.
Podedes descargalo aquí.

  • Facer exercicios de mindfulness se é preciso durante a saída mediante xogos de atención plena como o "vexo, vexo".
  • Falar con eles como se están sentindo, preferiblemente de  forma indirecta para que non o vexan como un interrogatorio.
  • Non obrigalos a saír. Está ben animar a que saian, pero se non queren, non pasa nada. Hai que dar tempo despois de tantas semanas na casa.
  • Preparar a volta a casa, para o que convén explicar o que se vai faer e o tempo que se estará fóra, anticipando uns minutos antes que remata o paseo.
  • Intentar que o paseo sexa agradable e divertido.
Bélgica relaja las restricciones por coronavirus para las familias ...

QUE PODEMOS FACER PARA AXUDAR A SUPERAR O MEDO
  • IDENTIFICAR o que produce medo.
  • FALAR sobre as cousas que causan temor, procurar escoitar e que se sinta escoitado/a,
  • TER TALANTE COMPRENSIVO.
  • TRANSMITIR SEGURIDADE E CONFIANZA. Utilizar un ton relaxado.
  • ALENTAR A QUE SE ENFRONTE AOS TEMORES DE FORMA GRADUAL, coa nosa axuda nun coezo, sen forzar e eloxiando as condutas de acercamento.
  • ENSINAR MANEIRAS PARA REDUCIR A ANSIEDADE: escoitar música, relaxarse, actividades que manteñan con ocupación, mindfulness, exercicio, ...
  • SER MODELO DE TRANQUILIDADE E SUPERACIÓN.
Coronavirus: Cómo superar el miedo y dar ejemplo a nuestro hijos
E EVITAR
  • IGNORAR O MEDO.
  • ACTUAR CON EXAXERACIÓN.
  • BURLARSE OU ENFADARSE.
  • MENTIR.
  • TRANSMITIR OS NOSOS MEDOS.

Á espera de que saia o documento oficial onde se recollan todas as normas e á publicación dunha guía, polos posibles cambios que puidese haber,  algunhas das normas que debemos respectar son:
  • Débense lavar as mans con xabón antes e despois de cada saída.
  • Os nenos e nenas ata os 14 anos saíran acompañados por un adulto responsable.
  • Cada adulto poderá saír con ata tres nenos/as que convivan con el.
  • Recoméndase o uso das mascarillas, pero non é obrigatorio.
  • Débense respectar as medidas de distanciamento social.
  • A duración máxima da saída será dunha hora, unha soa vez ao día, de 9:00 a 21:00.
  • Os paseos serán nun contorno próximo á vivenda, ata unha distancia máxima dun quilómetro.
  • Poderanse levar os propios xoguetes, pero non compartilos.
  • Está prohibido o acceso aos parques.
  • É recomendable saír non en horas punta, cando hai máis xente na vía pública.
  • Non se poderá saír con menores con febre ou síntomas de coronavirus.

MOI BO PASEO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario