xoves, 23 de abril de 2020

XOVES 23 _ LIBROS

Hoxe 23 de abril, coma todos os anos desde 1930 conmemórase o Día do Libro, tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do Libro, aínda que este ano as celebracións trasladaranse ao mes de outubro debido ao confinamento.

A elección desta data débese a que coincide co falecemento de Miguel de Cervantes Saavedra, que se corresponde tamén co aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare.

DESCUBRE
Preme nas imaxes para descubrir xogando a vida e obra de Miguel de Cervantes.




Os libros son sempre unha boa compañía e para moitas persoas como amigos.

Mafalda y los libros

COMO AMAR OS LIBROS
Nós, como pais e nais, podemos favorecer a pasión dos nosos fillos e fillas pola lectura.  Gianni Rodari explícanos 9 maneiras distintas de ensinar aos nenos e nenas "a odiar a lectura".

LER, DEBUXAR, CREAR
O equipo de mestras de Educación Infantil comparte con nós a proposta que fixeron ao seu alumnado esta semana e invítannos a participar nela.

Preme aquí para ir á entrada do blog sobre a lectura onde se recollían enlaces de editoriais que permitían o acceso a moitos libros. Tedes moitos onde escoller.
E aquí podedes acceder a un titorial para crear o voso marcapáxinas.


O MUNDO DAS LETRAS
No seguinte vídeo por medio de debuxos feitos a partir de letras fálannos dos respecto ao medio ambiente. Animádevos a transformar as letras no que vós queirades.
Podedes empezar probando coas do voso nome.



CON SÓ LERES UN LIBRO
Cantade a canción de Mamá Cabra e descubride todo o que podemos atopar con só leres un libro.



AS VANTAXES DA LECTURA
Ler enriquécenos. Alberto Díaz recolle nun artigo máis de 20 vantaxes da lectura ao ser humano: aumenta a función cerebral, axuda a previr enfermidades como a demencia, axuda a reducir o estrés, pode axudar a durmir mellor, aumenta a nosa empatía e sensibilidade, contribúe a que nos encontremos mellor, axúdanos a fixar metas, aumenta a nosa cultura, é terapéutica como a música ou o cine, mellora a nosa memoria, incrementa o noso vocabulario, axuda a escribir mellor, fai que teñamos máis posibilidades de mellorar o mundo grazas aos seus coñecementos, abre a nosa mente, facilita que poidamos aprender outros idiomas máis facilmente, favorece que teñamos unha escoita activa, desenvolve a nosa creatividade, axuda a mellorar a relación pais/nais-fillos/fillas, mellora o rendemento escolar, incluso nos fai máis atractivxs.

Me lees un cuento? | Frases de educacion

Ningún comentario:

Publicar un comentario