Hoxe propoñemos a lectura deste conto, "Rosa contra el virus", publicado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid, que a través da súa protagonista axúdanos a explicar aos máis pequenos/as esta situación e a falar dos sentimentos e medos que poden ter, buscando alternativas para superalos.
Ten nas últimas páxinas actividades e unha guía para as familias.
Podedes descargar o conto aquí
Se queredes descubrir un sistema para eliminar os medos, vede o conto Fiz, o coleccionista de medos que nos relatan neste vídeo uns nenos e nenas do CPI dos Dices.
En aulasgalegas.org, Olga Rodríguez, a partir do álbum Sacapenas de Anthony Brown e seguindo unha lenda tradicinal de Guatemala. propónnos facer uns bonecos sacapenas aos que lles poidamos contar os medos e os pesadelos antes de durmir. Despois, poñerémolos debaixo da almofada e pola mañá, desaparecerán. Preme aquí para ter toda a información e ver distintos modelos.
Invitámosvos a transformarvos en periodistas. Busca unha caixa de cartón e convértea nunha televisión.
Metédevos dentro e falade do que estades facendo na casa, de como vos sentides, do libro que estades lendo, da vosa serie favorita ... do que queirades.
Podedes gravalo e enviarllo á vosa familia e amizades.
CREAMOS
Roberet Ferrer i Martorell proponnos na Galería "Espacio Valverde" elaborar unha estrutura doméstica. Descarga aquí as instrucións.
Como é venres, queremos deixarvos unhas propostas para a fin de semana, para saír da casa estando nela, porque... nós quedamos na casa!!
Recordade que a fin de semana convén cambiar algo as rutinas que seguimos de luns a venres, flexibilizar os horarios e procurar facer algunha actividade diferente.
Esperamos que vos gusten algunhas destas:
- Viaxa a onde queiras con GOOGLE EARTH, incluso ao espazo con GOOGLE SKY
- Asiste a unha obra de TEATRO INFANTIL.
- Prepara unha sesión de cine con flocos de millo.
- Visita virtualmente o MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA (MUNCYT) da Coruña ou Alcobendas.
- Prepara unha merenda ou unha comida especial.
- Fai unha vídeochamada a alguén da familia ou amizades que haxa tempo co que non contactas.
Rematamos deixando unhas frases para estes tempos de corentena:
- María Montessori dicía que os nenos e nenas teñen unha capacidade de adaptación que ningún adulto posúe.
- Robert Fulghum destacaba a importancia dos adultos como modelos para os menores dicindo que "non te preocupes porque os teus fillos/as non te escoitan; obsérvante todo o día". Convén telo en conta para transmitir na medida do posible tranquilidade.
-Aproveitemos para ensinar as pequenas cousas dunha vida sinxela.
Moito ánimo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario