luns, 30 de marzo de 2020

LUNS 30 _ QUE PODEMOS FACER HOXE?

Comezamos unha nova semana!

O venres rematábamos con varias frases para reflexionar e hoxe retomamos unha delas:  "non te preocupes porque os teus fillos/as non te escoitan; obsérvante todo o día", coa que queriamos destacar a importancia que temos os adultos como modelos.

De aí que sexa conveniente que lles transmitamos tranquilidade, mais como calquera persoa podemos ter distintas manifestacións normais ante esta situación que estamos vivindo: ansiedade e medo, sentimento e inseguridade, momentos de tristura, irritabilidade ... polo que tamén nos temos que coidar. De aí que hoxe as primeiras recomendacións sexan para vós, nais e pais.

Desde o Ministerio de Sanidade dannos consellos e pautas para atender á nosa parte emociona e á dos/as menores nestas infografías.

Podedes descargar esta información e outra relacionada  aquí




Ademais, tamén podemos acceder a distintas guías para adultos con técnicas de relaxación  guías de autoaxuda, que nos explican o que facer para aprender a relaxarse, que se pode facer para durmir mellor, para controlar a irritabilidade ou como facer fronte ás preocupacións.

O confinamento ten tamén algúns aspectos positivos que podemos utilizar para compensar os negativos e previr alteracións: diminúese o ritmo diario dos nenos e nenas, pasamos máis tempo con eles/as e pode aumentar o tempo de ocio, sobre todo dos/as menores.


Aínda así, poden darse regresións a nivel de sono, alimentación, control de esfínteres e irritabilidade. Estas son as recomendacións que nos dá o Ministerio de Sanidade.



Para aliviar ou previr as posibles regresións, podemos...

- INFORMAR, sen caer na sobreinformación. Para os menores os contos son un dos mellores recursos, intentando coma neste que propoñemos que haxa unha mensaxe de esperanza. Preme na imaxe para acceder a el.


- INFORMAR CANTANDO. Sabela, as zocas máxicas e o coranovirus é unha canción composta por José Carbia que nos axuda a entender o que está pasando e o que debemos facer. Via orientacioncondesa.blogspot.

-COMPARTIR O TEMPO, xogando, lendo, rindo... vendo unha película ou unha curta, coma esta coa que podemos aproveitar para fortalecer a autoestima e aprender a mirar cara ao interior,



... ou manipulando.



- MOVERNOS


Six games for indoor or rainy days....all you need is masking tape ...Pin on Kid FunMotricidad, Iniciales, Juegos De Grupo, Juegos Para Niños ...Simple Masking Tape Labyrinth | Guerrilla Labyrinths

- APRENDER A RELAXARSE. Podes acceder a distintas técnicas para relaxarse clasificadas por idades aquí.

E sobre todo... dar afecto, comprensión e compañía.

Aínda que é luns e temos que retomar a rutina semanal, por se non o vistes, para hoxe ou para outro día, propoñémovos pasar 60 minutos xuntos desfrutando do espectáculo que o Cirque du Solei ofreceu o pasado venres de forma gratuíta a través da súa páxina.


Ningún comentario:

Publicar un comentario