Na vida imos pasando por distintas situacións que debemos ir resolvendo procurando facelo dun xeito positivo, de forma que saimos delas fortalecidas como persoas.
Temos vivencias como esta actual que son excepcionais e difíciles por momentos, momentos que están cheos de historias de superación.
Está claro que tamén pasaremos esta situación excepcional e que será unha etapa que quedará marcada nas nosas vidas, como unha época tamén excepcional de superación persoal.
Temos que estar tranquilos/as porque como indica a psicóloga Mariana Menéndez, os nenos e as nenas, independentemente de como estean pasando o confinamento, debido á súa forma de ser e ás condicions persoais e familiares, non terán ningún tipo de secuela, debido a que "teñen unha capacidade de superación moito maior que os adultos".
Nós podemos axudarlles...
Facilitando que teñan máis CONFIANZA en si mesmos.
Imaxe do libro Amar de editorial Palabras Aladas.
Podedes comentar a imaxe seguindo estas propostas.
Procurando a mellora da súa autoestima, aceptándoos/as como son, destacando os seus puntos fortes e valorando os logros por pequenos que sexan, que sempre son grandes!!
Axudando a superar os medos
E a afrontar as dificultades dun xeito positivo.
Unha das propostas para os momentos difíciles ou de enfado que nos fai Eva Solaz, autora do libro Programa RETO: Respecto, Empatía, Toleranci. Programa de educación emocional para nenos/as de 3-12 anos, é o frasco dos berros.
Premede na imaxe para saber como utilizalo.
En lugar de escribir tamén poden debuxar o motivo do berro.
Premede na imaxe para saber como utilizalo.
En lugar de escribir tamén poden debuxar o motivo do berro.
Axudemos aos pequenos e pequenas a atopar a forza do seu mundo, porque cada persoa é unha gota diferente e irrepetible dentro da marea de xente remando ao mesmo compás.
Ás veces, hai que facer unha pausa para reconducir e superarse!!
Respirade con calma, desfrutade e ensinade a gozar das pequenas cousas de todos os días, porque ...
hoxe pode ser un gran día!!
hoxe pode ser un gran día!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario